- Vacún
- Servizos
- Subministracións
— Información:
Verín Biocoop especialízase na produción ecolóxica de leite e tenreira e na comercialización de carne baixo o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.
A cooperativa naceu en 1988, da man de once gandeiros, e hoxe opera con 28 ganderías da provincia de Ourense con especial énfase en establecer un vínculo entre o método de reprodución ecolóxico e as razas autóctonas en perigo de extinción da provincia (a vianesa, a frieiresa, a cachena, a caldelá e a limiá, así como a rubia galega).
Os seus asociados contan, entre outros, con servizos de pensos ecolóxicos e naturais, medicamentos, adobos ou transporte. Ademáis, a Agrupación Medioambiental Biocoop asesora no cumprimento das normativas ecolóxicas e en trámites administrativos.




