- Servizos
- Subministracións
— Información:
Delagro é unha cooperativa de segundo grao integrada, á súa vez, por máis de 40 cooperativas e entidades —algunhas delas tamén de segundo grao— de Asturias, Cantabria e Galicia. Xuntas, aportan máis de 80 cooperativas socias, con máis de 17.000 asociados. A entidade é un exemplo de integración cooperativa; de cómo unha estratexia unificadora entre diferentes entidades de menor tamaño chega a alcanzar unha magnitude considerablemente competitiva.
Entre os servizos aos que os socios teñen acceso atópase a xestión profesional de compras de subministracións agrarias, atención, información, formación e asesoramento ás cooperativas asociadas. Conta con diversos supermercados e tendas agrarias, baixo a insignia Mercarural, tanto en Asturias como en Cantabria e en Galicia.




