– Subvencións do Plan Renova o teu vehículo 2026. Dende o 22 de xaneiro de 2026 ata o 30 de setembro de 2026

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2026. Axencia Instituto Enerxético de Galicia. DOG Nº 247, 23/12/2025

OBXECTO E FINALIDADE

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2026 de vehículos do Plan Renova o teu vehículo por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento é IN421U).

PERSOAS BENEFICIARIAS

a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

1. Será subvencionable a adquisición de vehículos novos que cumpran os seguintes requisitos e teñan un custo inferior ou igual a 42.000 € (impostos incluídos), este límite de custo amplíase a 47.000 € (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a utilización de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas, cun máximo de 6.000,00 euros adicionais por vehículo:

a) Vehículos M1 (turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 118 g CO2/km.

b) N1 (furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 110 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 180 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg.

Unha persoa física so poderá adquirir un único vehículo M1 ou N1.
Un autónomo ou empresa so poderá adquirir un máximo de dez vehículos.

Categoría proxecto Vehículo novo adquirido
Tipo 1 Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 99 g CO₂/km
Tipo 2 Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 118 g CO₂/km
Tipo 3 Furgonetas (N1) con emisións iguais ou inferiores a 110 g CO₂/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 180 g CO₂/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg

Para acceder á subvención, será requisito imprescindible que o adquirinte titular do vehículo subvencionable acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo que se vai achatarrar no Rexistro de Vehículos da DXT. O vehículo para achatarrar deberá ter unha antigüidade de polo menos 10 anos.

CONTÍA DA AXUDA

A axuda máxima será a seguinte:

Tipo de proxecto Axuda Inega (€) Axuda adicional familias numerosas (€) Desconto concesionario (€) Total (€) (*)
Tipo 1 3.000 600 1.000 4.000/4.600
Tipo 2 2.000 400 1.000 3.000/3.400
Tipo 3 2.000 400 1.000 3.000/3.400

(*) A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que forman parte dunha familia numerosa, na que a axuda do INEGA se incrementa nun 20%.

MINIMIS

Cando se trate de axudas en que as persoas beneficiarias sexan autónomos, empresas, ou outras entidades que emprendan actividades económicas que repercutan en terceiros, estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

Tipo de persoas beneficiarias Aplicación orzamentaria Orzamento (€)
Persoas físicas 09.A3.733A.780.4 3.250.000,00
Autónomos ou empresas 09.A3.733A.772.2 250.000,00
Total 3.500.000,00

PERÍODO DE SUBVENCIONALIDADE

A adquisición do vehículo obxecto da subvención e o achatarramento do vehículo que se renova poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2026.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación das solicitudes de axuda irá dende o 22 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter