— Subvención actividades non agrícolas. Ata 03/03/2025

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumen da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas e se anuncia a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto. AGADER. DOG Nº 19 (29/01/2025).

OBXECTO

O obxecto desta resolución é establecer as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos, e convocar as correspondentes ao ano 2025.

PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, sempre que cumpran os demais requisitos previstos nelas:

a) As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES

1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos destinados á:

a) Adquisición de maquinaria e equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.

3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración.

4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…).

5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

6º. Artesanía e actividades artesanais.

7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

8º. Comercio polo miúdo.

Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 20.000 € e/ou superior a 250.000 €.

No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 €, respectivamente.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

1. Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

INTENSIDADE DA AXUDA

1. A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

2. As axudas concedidas ao abeiro desta resolución están amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de marzo de 2025.

  • Facebook
  • Twitter