RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede a súa convocatoria para a anualidade 2025. Consellería de Promoción de Emprego, Comercio e Emigración (código de procedementoTR802R). DOG 109 (10/06/2025).
OBXECTIVO
O obxectivo é subvencionar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen remuda xeracional, de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís, e das persoas traballadoras autónomas, que xa estivesen a exercer unha actividade económica.
PERSONAS BENEFICIARIAS
Sociedades laborais ou cooperativas creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, mediante algún dos seguintes procesos:
a) Constitución por ausencia de remuda xeracional: Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na
data da solicitude, integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultaren extinguidos por causa de crise, xubilación ou incapacidade permanente da súa persoa empregadora.
b) Constitución por persoas autónomas: Constitución dunha sociedade laboral ou dunha cooperativa, debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude, que estean integradas na súa totalidade por persoas traballadoras autónomas que xa estivesen a realizar unha actividade laboral e, polo tanto, estean en situación de alta no correspondente réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social ou na mutualidade do colexio profesional.
c) Constitución por transformación:
c.1) Transformación de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís, en cooperativas ou sociedades laborais debidamente inscritas no rexistro correspondente na data da solicitude.
c.2) Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte, fundamentalmente, das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social e de transformación nunha sociedade laboral ou nunha cooperativa.
GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social: gastos de rexistro, notaría e informes precpetivos.
2. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
3. Obtención de certificacións de calidade.
4. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
5. Plan de protección de datos.
6. Equipamento informático.
7. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
8. Mellora na eficiencia enerxética.
9. Adquisición de equipamento.
10. Reforma do local de negocio.
11. Mobiliario.
12. Elementos de transporte.
13. Alugamento do local do centro de traballo.
14. Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación do centro de traballo.
INTENSIDADE DA AXUDA
1. A contía da axuda será equivalente
– ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables no caso de Constitución por ausencia de remuda xeracional.
– ao 60% do custo total dos gastos subvencionables no caso de Constitución por persoas autónomas ou constitución por transformación.
Cos límites seguintes:
• 4.000 € para o gastos incluído no concepto 1 do artigo 6.
• 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 2, 3, 4 e 5 do artigo 6.
• 8.000 € (12 mensualidades/máx) para aluguer, concepto 13 do artigo 6.
• 500 € para seguro de RC e RC Explotación, concepto 14 do artigo 6.
O límite máximo das axudas para os gastos subvencionables especificados no artigo 6 establécese en 30.000 € por entidade beneficiaria.
2. A contía da axuda do número 1 deste artigo poderá incrementarse en 2.000 € por cada unha das condicións que se cumpra das que se sinalan a continuación, cun máximo de 16.000 euros por entidade beneficiaria:
a) 2.000 € no caso de que a sede social da entidade beneficiaria estea situada nun concello rural.
b) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por mulleres.
c) 2.000 € no caso de que na actividade económica da nova entidade beneficiaria as mulleres contratadas nos grupos ocupacionais se encontren subrepresentadas.
d) 2.000 € no caso das entidades que estean formadas maioritariamente por persoas menores de 30 anos na data de solicitude da axuda.
e) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas emigrantes retornadas.
f) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas maiores de 45 anos.
g) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas con discapacidade.
h) 2.000 € no caso de que as entidades beneficiarias estean formadas maioritariamente por persoas trans.
3. A axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos números 1 e 2 deste artigo non poderá exceder os 46.000 euros.
PAGAMENTO ANTICIPADO
Trala resolución de concesión e de oficio por parte da administración, anticiparase o 80 % do importe da subvención concedida, sen necesidade de constitución de garantía.
PERÍODO DE EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS
O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de novembro de 2024 ata o 31 De outubro de 2025.
A data máxima de presentación da solicitude de pagamento e xustificación das accións subvencionadas será a sinalada na resolución de concesión e, de ser o caso, como máximo o 10 de novembro de 2025.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 20 de xuño de 2025 e rematará o 15 de setembro de 2025 salvo esgotamento de crédito.
RÉXIMEN DE MINIMIS
As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis.



