RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 23, 04/02/2026).
PROGRAMA I. PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
OBXECTO
O obxecto destar orde é establecer as bases reguladoras do Programa I: promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas, destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é o TR341D
INCOMPATIBILIDADES
Esta axuda será incompatible con:
- Programas de promoción do emprego autónomo que subvencionen a alta como persoa traballadora autónoma, cos programas de fomento de cooperativas (TR802J) e do emprego en cooperativas e sociedades laborais (TR802G) (programa APROL)
- Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (TR340E)
- Axudas comprendidas no programa nova oportunidade (TR790A)
- Programa EMEGA 2026 (SI429A)
- Bono activa rural 2026 (MR701L)
- Outras axudas que subvencionen os mesmos conceptos como fomento do emprego.
LIÑAS DE AXUDA
A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia:
- Liña 1: axuda para inicio de actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora.
- Liña 2: axuda para sufragar os gastos de cotización á Seguridade Social.
- a) Axuda equivalente ao custo da cota reducida da cotización a Seguridade Social durante os primeiros 12 meses.
- b) Axuda adicional ao custo da cota reducida da cotización á Seguridade Social para os novos autónomos dos sectores agrícola, gandeiro e silvícola durante os primeiros 24 meses.
As dúas liñas desta axuda son compatibles entre sí.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou calquer outro por réxime especial por conta propia entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026 que cumpran:
Para a liña 1:
- Estar inscrito como demandante de emprego.
- Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da axuda e non ter ningunha alta inicial como autónomo nos 5 anos inmediatamente anteriores á data de publicación da orde, salvo que fose como persoa autónoma colaboradora.
- Estar de alta no IAE.
- Desenvolver a súa actividade e ter o domicilio fiscal en Galicia (modelo 036).
- Quedan excluídas desta liña as persoas socias de sociedades que teñan personalidade xurídica (sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado, sociedade civil profesionais), así como os administradores e as persoas autónomas colaboradoras.
Para a liña 2:
- Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida no momento de presentación da solicitude.
- Estar inscrita como demandante de emprego.
- Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
- Atoparse de alta no IAE.
- Desenvolver a súa actividade e ter o domicilio fiscal en Galicia (modelo 036).
- Ter alta nun CNAE correspondente ao sector agrícola (01), gandeiro (01) ou silvícola (02) para a liña 2b.
- No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores destas, estas deberán ser de nova creación, isto é, aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2025, segundo a data que figure no imposto de actividades económicas.
CONTÍA DAS AXUDAS
| LIÑA 1 | Contía xeral | 2.000 € |
| Colectivos: – Menores 30 anos – Desempregados longa duración – Discapacidade ou dependencia – Situación ou risco de exclusión social – Emigrante retornada – Persoas estranxeiras – Maior de 52 anos |
4.000 € | |
| Incrementos (acumulables entre si): – Muller – Centro de traballo en concello rural – Maior de 45 anos (incomp. Maior 52 anos) – Persoa trans – Oficios muller subrepresentada |
+15 % |
Liña 2.a): axuda equivalente ao importe de 80 € mensuais * 12 meses = 960 €
Liña 2.b): (sector agrícola, gandeiro ou silvícola): axuda equivalente ao importe de 80 € mensuais * 24 meses = 1.920 €. No caso de pluriactividade, na liña 2.b) o importe máximo da axuda é de 960 €.
Será obrigatorio manter a alta no RETA durante 24 meses de forma ininterrompida para a liña 1, 12 meses para a liña 2.a) e 24 meses para a liña 2.b).
RÉXIME DE MINIMIS
A axuda concedida está suxeita ao réxime de minimis.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes irá dende o 11 de febreiro ata o 30 de setembro de 2026.



