— Axudas posta en marcha agroturismo. Deputación Ourense. Ata 16/04/2026

Información da axuda

Activa

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Convocatoria en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Convocatoria completa na ligazón “web”.

— Convocatoria E bases da tramitación E concesión de subvencións para o financiamento de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais profesionais e de microempresas agroalimentarias para a realización de investimentos en infraestruturas, instalacións e equipamentos destinados á posta en marcha de experiencias turísticas, ligadas ao agroturismo, nas súas instalacións e explotacións, durante o ano 2026. Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) (BOP Ourense nº 50, 16/03/2026). 

OBXECTO E FINALIDADE

O obxecto destas bases é regular a tramitación e concesión de subvencións para o financiamento de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais profesionais e de microempresas agroalimentarias para a realización de investimentos en infraestruturas, instalacións e equipamentos destinados á posta en marcha de experiencias turísticas, ligadas ao agroturismo, nas súas instalacións e explotacións, durante o ano 2026.

Estas axudas regularanse a través do procedemento de concorrencia competitiva.

Cada entidade interesada presentará un único proxecto relativo a unha acción ou a un conxunto de accións

Con carácter xeral, as subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas, concedidas por administracións públicas distintas da propia Deputación de Ourense ou do seu organismo autónomo, o Inorde, para os mesmos gastos ou por entidades ou empresas privadas, sempre que o conxunto das ditas axudas non exceda do 100 % do gasto da actividade subvencionada.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Titulares de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais profesionais e de microempresas agroalimentarias da provincia de Ourense que teñan o vaian a desenvolver experiencias agroturísticas na súa instalación ou explotación.

Microempresa: empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral non supera os 2 millóns de €.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables os gastos que formen parte da actuación obxecto desta convocatoria.

Os gastos non estarán iniciados antes do 1 de xaneiro de 2026.

Non serán subvencionables:

  • Gastos de mantemento e xestión das empresas ou das súas instalacións.
  • Gastos de persoal
  • Impostos
  • Xuros, recargas e sancións

PORCENTAXE E CONTÍA MÁXIMA DA AXUDA

A contía da subvención poderá acadar como máximo o 80% do custo total do proxecto, sendo o importe máximo por beneficiario de 5.000 €.

O importe total do proxecto non poderá ser superior a seis mil douscentos cincuenta (6.250,00) euros.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Para a concesión das subvencións, así como para a fixación da súa contía, a comisión de valoración terá en conta:

Criterio Puntuación máxima
Maior orzamento da actuación 40 puntos
Empresa ou explotación situada nun concello de menos de 2.000 habitantes 5 puntos
Empresa ou explotación cun certificado de calidade turística ou distinguida no Sicted 5 puntos

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

O prazo para xustificar a subvención rematará o 30 de novembro de 2026.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 16 de abril de 2026.

  • Facebook
  • Twitter