– Axudas para paliar os danos producidos polo oso pardo. Ata o 30 de setembro de 2026.

Información da axuda

Activa

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

— ORDE do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan axudas para o ano 2026 (código de procedemento MT815A). Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático. DOG Nº 233, 02/12/2025

OBXECTO E FINALIDADE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia.

2. No caso de danos ás colmeas, estas deberán estar identificadas individualmente co código da explotación, nun sitio visible e de forma lexible, mediante unha marca indeleble.

No resto dos casos, deberase cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras, así como estar identificado, de acordo coa normativa de aplicación.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

No prazo máximo de tres días hábiles desde a produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012.

O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30, os sábados.

Recibida a comunicación do dano, o persoal da escala de axentes facultativos ambientais comprobará os feitos e as circunstancias dos danos, elaborará a correspondente acta e dará traslado do resultado da comprobación ao Servizo de Patrimonio Natural.

ÁMBITO TEMPORAL

As axudas ás que se refire esta orde comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026.

CONTÍA DA AXUDA

O importe das compensacións dos danos establecerase en función das contías establecidas no anexo I da orde.

No caso de feridas ocasionadas ao gando, a valoración será a que resulte dos gastos veterinarios resultantes pola cura, tratamento e medicamentos, ou no caso de animais que tras o tratamento prescrito morran a consecuencia das feridas producidas, poderá superrar o límite das contías previstas no anexo I da orde (ver orde de axudas).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

a) Para os danos que fosen comunicados entre o 1 de outubro de 2025 e o 3 de decembro de 2025, o prazo de presentación será do 3 de decembro de 2025 ao 3 de xaneiro de 2026.
b) Para os danos ocasionados dende o 3 de decembro de 2025, o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

  • Facebook
  • Twitter