— Axudas para instalar valados; prevención lobo. Ata 09/02/2024

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

ORDE de 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da instalación de valados fixos como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para o ano 2024 . Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. (DOG Nº 6, 09/01/2024).

OBXECTO E PRINCIPIOS

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poidan ocasionar esta
especie, e convocalas para o ano 2024.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

1. Ao abeiro desta orde, subvencionarase a adquisición e instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

1. Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

ADQUISICIÓN E INSTALACIÓN DE VALADOS FIXOS

a) Valados fixos electrificados.
Os valados fixos electrificados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde.

Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.

O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.

b) Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica.
Os valados fixos con malla gandeira ou cinexética terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde.

Subvencionarase un cercado por cada rabaño de ata 50 reses de gando menor ou 20 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.

O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 9 de febreiro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter