RESUMON ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión das axudas IA360 orientadas a potenciar a innovación empresarial a través do desenvolvemento experimental e a aplicación da intelixencia artificial no tecido industrial galego e a súa cadea de valor, vencellado aos sectores estratéxicos ou de especial relevancia para a Xunta de Galicia, e se convocan para os anos 2026 e 2027 en réxime de concorrencia competitiva. Instituto Galego de Promoción Económica IGAPE (DOG Nº 10, 16/01/2026).
OBXECTO
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a pemes e grandes empresas galegas ou cun centro de traballo permanente e legalmente constituído en Galicia, no cal se desenvolvan as actividades do proxecto, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento experimental e a capacidade innovadora das pemes, mediante o uso da intelixencia artificial e a súa implantación no tecido produtivo ou industrial e nas súas cadeas de valor.
Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia competitiva.
O código de procedemento é IG408M
PERSOAS BENEFICIARIAS
– Pemes e grandes empresas ou cun centro de traballo en Galicia.
CARACTERÍSTICAS DAS LIÑAS
Estas axudas céntranse en dúas liñas:
A) Desenvolvemento de tecnoloxía baseada en IA para a mellora de procesos industriais e a comercialización de novos produtos ou servizos con foco nos sectores incentivables.
B) Proxectos de aplicación de solución comerciais baeadas en Intelixencia Artificial que permitan mellorar a produtividade e a competitividade das empresas de Galicia.
Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía baseada en IA para a mellora de procesos industriais e a comercialización de novos produtos ou servizos con foco nos sectores incentivables.
CUSTOS SUBVENCIONABLES
Custos directos:
– Custos de persoal: limitado ao 80% do orzamento subvencionable
– Custos de materiais, licenzas/software por subscrición, subministracións e produtos similares.
– Custos de equipamento e material instrumental inventariables, de nova adquisición: o subvencionable é a amortización dentro do período subvencionable.
– Custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais.
– Adquisición de patentes
– Custos de consultoría e servizos tecnolóxicos externos.
– Os custos derivados do informe de auditoría para a xustificación económica da subvención: límite 1.500 € por anualidade.
– Subcontratacións: límite do 50% dos custos directos elexibles do proxecto.
Custos indirectos: ata o 20% dos custos directos
O orzamento mínimo do proxecto para a liña A será de 150.000 €
Liña B : Proxectos de aplicación de solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial que permitan mellorar a produtividade e competitividade das empresas de Galicia
CUSTOS SUBVENCIONABLES
Custos directos:
– Custos de persoal: limitado ao 30% do orzamento subvencionable
– Os custos de instrumental e material na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.
– Custos de consultoría e servizos tecnolóxicos externos.
– Os custos derivados do informe de auditoría para a xustificación económica da subvención: límite 1.500 € por anualidade.
– Os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais que deriven directamente do proxecto
– Subcontratacións: límite do 50% dos custos directos elexibles do proxecto.
O orzamento mínimo do proxecto para a liña A será de 30.000 €
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os criterios de valoración do proxecto recollerán os seguintes aspectos:
– Grado de innovación e calidade do proxecto.
– Impacto tecnolóxico do proxecto
– Adecuación do proxecto
– Capacidade da empresa solicitante para a execución do proxecto.
– Resultados esperados, métricas de éxisto e contribución medioambiental.
CONTÍA DAS AXUDAS
No caso da modalidade A: Desenvolvemento tecnolóxico
– Pequenas empresas: 45%
– Medianas empresas: 35%
– Grandes empresas: 25%
Estas axudas poderán incrementarse nun 15% por compromiso de publicidade e divulgación.
A axuda máxima para a liña A é de 500.000 €.
No caso da modalidade B: Innovación
– Pemes: 50%
A axuda máxima para a liña B é de 100.000 €
PRAZO DE EXECUCIÓN
Para a liña A: o prazo máximo de execución remata o 15 de setembro de 2027.
Para a liña B: o prazo máximo de execución remata o 30 de setembro de 2026.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 17 de xaneiro ata o 17 de marzo de 2026.



