RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG Nº 12, 20/01/2026).
OBXECTO
O obxecto de estas bases e apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo.
Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia competitiva.
O código de procedemento é IN421SY
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias:
a) empresas legalmente constituídas e autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos.
b) administración locais de Galicia e entidades dela dependentes.
c) entidades sen ánimo de lucro
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
Serán investimentos subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medida e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de chumbo ácido.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo de montaxe e conexionado
A potencia mínima dos paneis fotovoltaicos do proxecto será de 100 kWp e a potencia máxima de 1.000 kWp.
Para as instalacións fotovoltaicas, o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado a 750 €/kWh.
Adicionalmente, se o proxecto leva un sistema de acumulación con baterías, considerarase un custo adicional sen IVE de 750 €/kWh de capacidade de acumulación. As baterías de chumboácido non serán elixibles. De non incorporar ao proxecto baterías, este sumando sería cero.
Non serán subvencionables o IVE, funxible en xeral, obra civil non asociada á instalación, licenzas, aranceis, bens de segunda man, partidas alzadas, nin ampliación de instalación fotovoltaicas que xa foron obxecto de axuda do Inega en anos anteriores.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
1. Características técnicas: paneis fotovoltaicos (ata 50 puntos).
| Tipo de módulo fotovoltaico | Puntuación |
| Paneis fotovoltaicos con rendementos de panel superior ao 24 % | 50 |
| Silicio monocristalino | 35 |
| Silicio policristalino | 25 |
| Silicio amorfo e resto de paneis | 5 |
| Resto de paneis | 0 |
2. Grao de autoconsumo da instalación (ata 30 puntos)
2.1. Autoconsumo da instalación (ata 25 puntos) valorándose:
-
- Relación entre potencia contratada e potencia da instalación fotovoltaica.
- Relación entre enerxía anual xerada fronte á consumida
- Modalidade de autoconsumo con excedentes
- A instalación incorpora baterías para almacenamento
2.2. O proxecto forma parte dunha Comunidade Enerxética Local: 5 puntos
3. Repercusión enerxética da axuda concedida (ata 20 puntos)
CONTÍA DAS AXUDAS
A intensidade da axuda, segundo o tipo de beneficiario será a seguinte:
| Persoa beneficiaria | % máxima axuda |
| Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) | 60 % |
| Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) | 60 % |
| Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais |
30 % |
A contía máxima da axuda por proxecto será de 150.000 €
RÉXIME DE MINIMIS
As axudas que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.
PRAZO DE EJECUCIÓN
O prazo de execución iniciarase unha vez presentada a solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de outubro de 2026, para solicitudes con proxectos que se realicen ata esta data, e o 30 de setembro de 2027, para solicitudes con proxectos que se realicen ata esta data.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes comenza o día 28 de xaneiro e remata o 2 de marzo de 2026.



