– Axudas ás explotacións agrícolas pertencentes á IXP Faba de Lourenzá. Ata o 28/07/2025.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións agrícolas pertencentes á Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e se convocan para o año 2025. Axencia Galega da Calidade Alimentaria. DOG 122 (27/06/2025).

OBXECTO 

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha líña de axudas aos titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Plantacións da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá para compensar parcialmente os sobrecustes de produción destas explotacións e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR302C )

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións agrarias situadas na área xeográfica delimitada para a IXP Faba de Lourenzá e
que:

a) Sexan titulares dunha explotación inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia que estivese en estado de alta con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2025, agás quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data.
b) Que a explotación estea inscrita no rexistro de plantacións da IXP Faba de Lourenzá e teña feita a declaración de sementeira correspondente ao ano 2024.

CONTÍA DA AXUDA

1. A contía individualizada da axuda para cada persoa física ou xurídica beneficiaria será, como máximo, de 2.000 € por hectárea sementada con fabas destinadas á comercialización como Faba de Lourenzá.

2. Serán subvencionables as superficies cultivadas polas persoas inscritas no rexistro de plantacións da IXP Faba de Lourenzá que fosen obxecto de declaración de sementeira
durante o ano 2024.

3. Non se concederán axudas superiores aos 20.000 € por persoa titular e, no caso eventual de persoas titulares que teñan varias explotacións, computaranse na axuda o total das hectáreas declaradas no conxunto das explotacións.

4. No caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para facer fronte ás axudas solicitadas por todas as persoas beneficiarias, procederase ao rateo.

COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS

A percepción das subvencións previstas nesta resolución será incompatible coa de calquera outra que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

Para este procedemento non é preciso achegar documentación complementaria xa que esta pode ser obxecto de consulta ás administracións públicas se a persoa solicitante dá o seu consentimento á dita consulta.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar a solicitude vai dende o 28 de xuño ao 28 de xullo de 2025.

RÉXIME DE MINIMIS

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis.


 

  • Facebook
  • Twitter