RESUMO EN ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2025-2026. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 8 (14/01/2025).
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (en diante, ADSG) para o desenvolvemento dos programas sanitarios establecidos no anexo VII da presente orde (MR237B).
3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para anualidade 2025-2026 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, de 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
FINALIDADE DAS AXUDAS
1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.
2. Os programas sanitarios comezarán o 1 de marzo de 2025 e rematarán o 28 de febreiro de 2026, e deberán incluír como mínimo as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo VII
GASTOS SUBVENCIONABLES
Son gastos subvencionables os recollidos nas seguintes liñas:
1. Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo V.
Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dunha persoa veterinaria responsable por ADSG.
2. Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario:
– Luvas, calzas ou similares.
– Tubos, agullas, campás e demais dispositivos desbotables para extracción de sangue ou tecido de orella.
Consideraranse gastos subvencionables os que sexan realizados a partir do 1 de marzo de 2025 ata o 28 de febreiro de 2026.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluídas da condición de beneficiarias as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá, como mínimo, o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo VII da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordó co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.
As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras.
CONTÍA DAS AXUDAS
A cuantificación das axudas realizarase seguindo os seguintes criterios:
1) Para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:
1) Para a contratación de servizos técnicos veterinarios (empresa) ou a remuneración do persoal veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:
a) Un máximo de 20.200 euros por cada persoa veterinaria con dedicación a xornada completa e un máximo de 8.300 euros por cada persoa veterinaria con dedicación a xornada parcial, ou no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios.
No caso de que unha persoa veterinaria preste servizos en máis dunha ADSG, a axuda total que se percibirá nunca poderá superar o importe establecido no parágrafo anterior para unha relación contractual a xornada parcial
b) En todas as ADSG, para acadar os importes indicados no punto anterior, computaranse as seguintes unidades de gando maior (en diante, UGM) por cada persoa veterinaria en función da relación contractual que teña coa ADSG:
| Especie ADSG |
Persoal veterinario a tempo completo | Persoal veterinario a tempo parcial | Empresa servizos veterinarios |
| Bovino | 4.000 UGM | 2.000 UGM | 2.000 UGM |
| Bovino montaña |
3.300 UGM | 1.650 UGM | 1.650 UGM |
| Ovino/cabrún | 2.000 UGM | 1.000 UGM | 1.000 UGM |
| Porcino | 10.000 UGM | 5.000 UGM | 5.000 UGM |
| Aves | 10.000 UGM | 5.000 UGM | 5.000 UGM |
| Coellos | 10.000 UGM | 5.000 UGM | 5.000 UGM |
| Visóns | 10.000 UGM | 5.000 UGM | 5.000 UGM |
No caso de non acadar as UGM mencionadas, a axuda reducirase proporcionalmente.
c) O total do importe de subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número de unidades de gando maior (UGM) da ADSG polo seguinte valor en cada caso:
De montaña: 6,5.
Non de montaña: 6,12.
2º. ADSG de ovino e cabrún: 8,5.
3º. ADSG de porcino: 2,3.
4º. ADSG de avicultura: 1.
5º. ADSG de cunicultura: 1,6.
6º. ADSG de visóns e outras especies: 0,6.
Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia, publicado no DOG do 8 de maio 2001).
Para o cálculo do importe máximo, teranse en conta as UGM en función do censo que conste de alta para cada unha das ADSG beneficiarias na base de datos da Consellería do Medio Rural á data de remate do prazo de solicitude da axuda.
2. Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG. Poderase solicitar por esta liña ata o importe máximo resultante da multiplicación das UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,15. A cantidade máxima que se percibirá por ADSG nesta liña de axuda será de 4.000 €.
XUSTIFICACIÓNS
1. Consideraranse gastos subvencionables, aos efectos previstos na presente orde, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo desde o 1 de marzo de 2025 ata o 28 de febreiro de 2026.
Para subvencionar, considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado.
2. Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas ou nóminas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.
PRAZOS PARA XUSTIFICAR
Ata o 10 de decembro de 2025, xustificarase o gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 30 de novembro de 2025. O resto do gasto subvencionable realizado ata o 28 de febreiro de 2026, poderá xustificarse ata o 10 de marzo de 2026.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de febreiro de 2025.



