RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 4 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para o ano 2026. Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático. DOG Nº 242, 16/12/2025
OBXECTO E FINALIDADE
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras para pastoreo e manexo do gando como medida preventiva dos danos que poida ocasionar o lobo, procedendo á súa convocatoria para o exercicio orzamentario do ano 2026 (código de procedemento MT809G).
Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia.
ACTUACIONES SUBVENCIONABLES
Será actividade subvencionable o investimento para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras, como elemento preventivo dos danos que poidan ocasionar o lobo, que cumpran os seguintes requisitos:
a) O pastoreo exercerase sobre as reses da explotación gandeira e nos terreos destinados ao pastoreo do gando da persoa beneficiaria.
b) Poderán acollerse a estas axudas os contratos en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2026 ata o 30 de novembro de 2026.
c) Será obxecto de axuda a actividade de pastoreo que se realice a xornada completa (40 horas semanais), con redución proporcional no caso de xornadas inferiores. Ao comezar ou ao finalizar o contrato, de non alcanzar un mes completo, ratearase a subvención segundo os días de actividade de pastoreo e manexo do gando efectivos.
d) Deberanse indicar en todos os casos os terreos onde se van desenvolver as actividades de pastoreo para as cales se solicita a subvención.
CONTÍA DA AXUDA
A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables e fíxase un importe máximo de 16.500 euros de axuda, por persoa beneficiaria. Sen superar a porcentaxe anterior, a axuda máxima será de 1.500 euros por persoa e mes de pastoreo a xornada completa.
CRITERIOS DE CONCESIÓN DA AXUDA
a) Titulares de explotacións gandeiras de ovino-cabrún de produción-reprodución de aptitude cárnica: 40 puntos.
b) Titulares de explotacións equinos de produción-reprodución en extensivo: 30 puntos.
c) Titulares de explotacións gandeiras de bovino de produción-reprodución de aptitude cárnica: 20 puntos.
d) Superficie admisible declarada na solicitude única da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2025 >30 ha: 20 puntos.
e) Superficie admisible declarada na solicitude única da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2025 <30 ha: 5 puntos.
f) Disposición na explotación de cans protectores e defensores do gando: 20 puntos.
g) Existencia de danos ocasionados polo lobo na explotación gandeira entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2025, que fosen avaliados favorablemente pola comisión de valoración: 20 puntos, incrementándose en 0,5 puntos por cada un dos danos sufridos neste período, ata un máximo de 5 puntos.
h) Número de cabezas de gando maior: ata un máximo de 20 puntos.
i) Número de cabezas de gando maior: ata un máximo de 20 puntos.
j) Titulares de explotacións gandeiras que teñan contratada unha liña de aseguramento gandeiro que inclúa como riscos asegurables os ataques ao gando por animais silvestres: 5 puntos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación das solicitudes de axuda irá dende o 17 de decembro de 2025 ata o 19 de xaneiro de 2026.



