RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 10, 16/01/2026).
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2026.
As axudas tramitaranse polo procedemento de concorrencia competitiva, para dous tipos de intervencións:
Intervención 6842.1. Axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.
Intervención 6842.2. Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.
O código de procedemento é o MR340A.
BENEFICIARIOS
Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES
1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.
2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a súa totalidade estea incluídas no anexo I do Tratado.
3. Non obstante, non serán subvencionables:
a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.
b) No sector vitivinícola os proxectos con investimentos solicitados por un importe total igual ou superior a 100.000 € relativos aos produtos descritos no anexo VII, parte II, do Regulamento UE nº 1308/2013, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.
c) Os investimentos incluídos no artigo 73.3 do Regulamento (UE) nº 2021/2115.
4. Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:
a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.
b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.
c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.
d) Os custos xerais vinculados as letras a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das letras a), b) e c) anteriores.
5. Non serán, porén, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.
CONTÍA DAS AXUDAS
As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:
| Tipos de produtos finais | Tipo de empresa solicitante | ||
|---|---|---|---|
| Microempresas e pequenas empresas | Empresas medianas | Empresas non pemes | |
| Incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado | 50% | 50% | 50% |
| Non incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado | 35% | 25% | 15% |
3. En calquera caso, o importe da axuda concedida mediante esta orde a un proxecto presentado non superará os importes indicados a continuación, aplicables por tramos do investimento subvencionable total e establecidos en función da puntuación derivada da aplicacion dos criterios de valoración mencionados no artigo 14:
| Investimento subvencionable (tramos do seu importe total) | Importe máximo da axuda (para cada tramo do investimento total subvencionable) | |
|---|---|---|
| Puntuación menor de 40 puntos | Puntuación entre 40 e 55 puntos | |
| Importe máx. Por tramo | Importe máx. Por tramo | |
| Ata 2 mill. € | 400.000,00 € | 500.000,00 € |
| Exceso de 2 mill. € ata 4 mill. € | 300.000,00 € | 400.000,00 € |
| Exceso de 4 mill. € ata 6 mill. € | 200.000,00 € | 300.000,00 € |
| Exceso de 6 mill. € ata 8 mill. € | 200.000,00 € | 300.000,00 € |
| Exceso de 8 mill. € ata 10 mill. € | 200.000,00 € | 300.000,00 € |
| Exceso de 10 mill. € ata 12 mill. € | 200.000,00 € | 300.000,00 € |
| Exceso de 12 mill. € ata 15 mill. € | 200.000,00 € | 300.000,00 € |
| Exceso de 15 mill. € ata 18 mill. € | 200.000,00 € | 200.000,00 € |
| Exceso de 18 mill. € ata 21 mill. € | 200.000,00 € | 200.000,00 € |
| Exceso de 21 mill. € ata 25 mill. € | 200.000,00 € | 200.000,00 € |
| Exceso de 25 mill. € ata 30 mill. € | 200.000,00 € | 200.000,00 € |
| Exceso de 30 mill. € | 200.000,00 € | 200.000,00 € |
Aos proxectos cunha puntuación superior a 55 puntos non se lles aplicarán limitación ningunha do importe de subvención por tramos de investimento.
4. Así mesmo, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a 3.000.000 € cando o investimento total subvencionable non chegue ao importe de 15.000.000 €, e non será superior a 5.000.000 € cando o investimento total subvencionable sexa de 15.000.000 €. ou maior.
PRAZO DE SOLICITUDE
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 17 de xaneiro ata o vindeiro 16 de febreiro de 2026



