— Axudas a transformación dixital pemes. Ata 20/02/2025

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C). lGAPE. DOG Nº 7 (13/01/2025).

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes).

OBXECTO E REQUISITOS DOS PROXECTOS

1. Estas axudas están destinadas a apoiar a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións que proporcionen soporte dixital aos procesos dunha empresa, así como proxectos de interconexión dixital entre unha empresa galega e outras, ou entre dúas ou máis empresas galegas. Estes proxectos poden incluír, entre outros, ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos de coordinación entre un líder industrial e as pemes que integran a súa cadea de valor.

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Desenvolvemento de interfaces dixitais para as súas interaccións de negocio ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares), e melloras en ciberseguridade.
3º. Implementación de sistemas de dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral, tales como ERP, CRM e similares.
4º. Mellora da función loxística da empresa, a través da implantación de solucións dixitais, nalgunha das seguintes áreas:

– Dixitalización e automatización:

    • Automatización e/ou robotización de procesos loxísticos, incluíndo carga e descarga, almacenaxe, transporte e distribución.
    • Xeolocalización e sensorización para o control de localizacións con fins como rastrexabilidade, vixilancia e localización de cargas, contedores e medios de transporte.
    • Aplicación de vehículos autónomos e elementos auxiliares para automatizar operacións de transporte interno ou de carga e descarga.

– Procesos e aplicacións:

    • Desenvolvemento e adaptación de contratos intelixentes e xestión de información mediante blockchain.
    • API colaborativas e sistemas de intercambio de datos.

– Virtualización e analítica de datos:

    • Aplicación da realidade virtual e/ou aumentada nos procesos loxísticos.
    • Uso de algoritmos e análise de datos aplicados aos procesos loxísticos.
    • Simulación e virtualización de procesos loxísticos.

b) Proxectos colectivos, en que un grupo de empresas, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador, aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Implantación dun sistema dixital común para mellorar as interaccións dixitais entre ela
2º. Sistemas colectivos de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares).
3º. Implantación dun sistema de dixitalización de procesos ou de xestión integral, deseñado especificamente para o ámbito de actividade das empresas que participen no proxecto colectivo.
4º. Implantación dun sistema común para mellorar a función loxística nas áreas definidas no punto 1.a) 4º deste artigo.
Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:

    • Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menor de 50.000 €.
    • Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.
    • Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €

O importe subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de proxectos

1. A subvención será do 35 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25 % para as medianas.

A subvención será do 50 % dos gastos en servizos de consultoría subvencionables para ambas categorías de empresa, pequenas e medianas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de FEBREIRO de 2025.

  • Facebook
  • Twitter