RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 17 de decembro de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e se anuncia a convocatoria para o ano 2026. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG Nº 21, 02/02/2026).
OBXECTO
O obxecto deste acordo é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do PEPAC, así como convocar as correspondentes ao ano 2026.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. Os criterios de selección serán aprobados por cada GDR e pódense consultar en:
https://agader.xunta.gal/gl/gdr/programa-leader/baremos-gdr/
O código de procedemento é o MR701L.
TIPOLOXÍA DE OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES E OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES
Las operaciones que os GDR podrán seleccionar se clasificarán cómo:
1º. Proyectos productivos: proyectos que suponen la realización de una actividad económica, tendentes a la producción de bienes o servicios y que suponen una creación y/o mantenimiento de empleo.
2º. Proyectos no productivos: proyectos promovidos por entidades sin ánimo de lucro, entidades públicas locales, comunidades de montes vecinales en mano común o sus mancomunidades, que no supongan o inicio o o desarrollo de una actividad económica.
PERSOAS BENEFICIARIAS
En función das persoas beneficiarias, as operacións poderán clasificarse como:
a) Proxectos promovidos por entidades públicas de carácter local ou comarcal, en concreto: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
b) Proxectos promovidos por persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría ás comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Débese cumprir os criterios de pequena empresa segundo o Anexo I do Regulamento UE 651/2014, empregando a menos de 50 persoass e ter un volumen de negocio anual ou un balance xeral anual que non supere os 10 millóns de €.
REQUISITOS DAS OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES
Os proxectos que sexan seleccionados polos GDR, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.
b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.
c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda.
e) Ser finalistas.
CONTÍA DAS AXUDAS
O orzamento total 28.750.000 € distribúese entre os 24 GDR (Ver Anexo I).
A contía máxima de axuda será de 200.000 € por proxecto.
GASTOS SUBVENCIONABLES
— Serán subvencionables:
a) A construción, a adquisición e a mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, a porcentaxe subvencionable non poderá superar o 50 % do total dos gastos subvencionables.
b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
c) A adquisición de maquinaria e equipamento novos.
d) Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos, publicacións e
investimentos necesarios para a dixitalización do proceso produtivo ou a xestión da actividade económica.
e) Custos xerais vinculados aos gastos de investimento (arquitectos, enxeñeiros, asesores): límite 12% do custo total subvencionable.
f) Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como os gastos de expedición de permisos e licenzas, a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas: a suma da liña e) e f) non poderá superar o 20% dos gastos subvencionables do proxecto.
g) Medios e equipamentos de transporte (exceptuada adquisición e/ou adecuación de vehículos no sector do transporte).
— Non serán subvencionables:
1. Os investimentos de reparación e mantemento das instalacións, así como a reposición ou
simple substitución de equipamento e maquinaria.
2. O IVE recuperable
3. Os gastos de funcionamento e material funxible.
4. Maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
5. Execución por medios propios.
6. Xuros, recargas, multas, sancións, gastos de procedementos xudiciais, gastos xerais, gastos financeiros.
7. Investimentos realizados antes da presentación da solicitude da axuda e acta de non inicio.
8. Investimentos que substitúan outros ou reformas de inmobles financiados por fondos comunitarios sempre que non transcurrisen polo menos 5 anos.
9. Compra de dereitos de produción agraria, animais e plantas e a súa plantación en investimentos no sector agrario.
10. Investimentos non relacionados coa actividade vinculada á operación pola que se solicita a axuda.
LIMITACIÓNS DE CARÁCTER SECTORIAL
– Para as entidades públicas locais: exclúense investimentos relacionados coa prestación de servizos enumerados no art. 26 da Lei 7/1985.
– Proxectos de sinalización territorial.
– Para establecementos turísticos e actividades no sector da hostalaría rexerá o convenio de colaboración entre Agader e Axencia de Turismo de Galicia
– Para investimentos en sector das enerxías renovables: exclúese calquer investimento destinado á venda á rede.
– Sector servizos e sector comercio polo miúdo: será de aplicación o que determine a estratexia de desenvolvemento local do GDR.
– Exclúese a adquisición de maquinaria para a realización de servizos agrarios e/ou forestaris.
– Para investimentos en centros sociais ou culturais, haberá que observar o disposto na estratexia de desenvolvemento local do GDR (axuda máxima 50.000 € por proxecto).
– Elaboración de estudos, edicións de libros, guías, páxinas web: axuda máxima 10.000 € por proxecto.
– Exclúense os investimentos relacionados con instalacións ou centros que preseten servizo de ensinanza de carácter regrado.
TIPOLOXÍA DE INVESTIMENTOS SUVENCIONABLES
SECTOR PRODUCIÓN PRIMARIA
Como regra xeral, os proxectos encadrables no sector da produción agraria primaria non serán subvencionables. Como excepción serán subvencionables:
– Investimentos en explotacións agrarias que se refiran á mellora da súa eficiencia enerxética.
– Pequenos proxectos ata un máximo de 30.000 € por investimento que supoñan inicio ou implantación de actividade agrícola, ganderia ou agroforestal sempre que constitúa unha actividade complementaria á actividade principal non agraria do promotor do proxecto.
– Investimentos vinculados a mobilización ou recuperación de terras.
A intensidade da axuda será como mínimo o 15% e como máximo o 50% do investimento.
SECTOR TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS
Apoiaranse pequenos investimentos tendentes á creación e/ou modernización de empresas de transformación e comercialización de produtos agrarios consistentes en investimentos tanxibles e intanxibles (ata o máximo do orzamento total subvencionable de 60.000 €), destinados a mellorar a competitividade e/ou a sustentabilidade ambiental das pequenas agroindustrias do rural galego.
Os investimentos deben cumprir a normativa aplicable en materia de sanidade e benestar animal, de ser o caso.
A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable
SECTOR TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS
Únicamente se apoiarán investimentos para o uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía, así como a produción de bioprodutos forestais como pode ser o aproveitamento de resinas ou similares, a produción de cogomelos baixo substrato forestal, equipamento, recolla e procesamento de castaña. Os proxectos promovidos por comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común ou por agrupacións de propietarios serán subvencionables no caso de que inclúan unha extensión superior ás 15 hectáreas. As empresas que opten ás axudas previstas neste artigo deberán acreditar que, polo menos unha porcentaxe do 50 % da súa facturación está vinculada ao uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía.
MODERNIZACIÓN OU AMPLIACIÓN DE TODO TIPO DE EMPRESAS QUE DESENVOLVAN ACTIVIDADES NON AGRARIAS
Poderán subvencionarse proxectos destinados á mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural, que supoñan ampliación e modernización de pequenas empresas en sectores distintos da produción agraria primaria.
A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €. Estas axudas estarán suxeitas ao réxime de minimis.
BONO ACTIVA RURAL
O Bono Activa Rural consiste nun importe a tanto global destinado á creación e posta en marcha de actividades non agrarias en zonas rurais. axuda non estará vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se vincula ao mantemento da actividade e ao cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa seleccionada durante polo menos 5 anos, contados desde a data da alta censual.
As persoas beneficiarias desta tipoloxía de proxectos son as persoas físicas, que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividade empresarial a título individual en que polo menos creen o seu posto de traballo, sempre e cando non estivesen dadas de alta no réxime de autónomos na mesma actividade para a que se solicita a axuda nos últimos 3 anos. A axuda poderá acadar ata un máximo de 18.000 € e pagarase en tres anualidades.
O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €. Estas axudas estarán suxeitas ao réxime de minimis.
INVERSIÓN DE NATURALEZA NO PRODUCTIVA
Poderán subvencionarse proxectos que teñan un interese público ou colectivo, é dicir, que afecten, interesen ou beneficien dalgún xeito o conxunto da poboación ou da sociedade en xeral, e que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica.
Serán subvencionables os proxectos referidos á creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural como as actividades recreativas e culturais, xunto coas correspondentes infraestruturas a pequena escala.
Únicamente poderán ser beneficiarias desta tipoloxía de proxectos as entidades sen ánimo de lucro, as entidades públicas locais e as comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades.
Poderán ser subvencionables os investimentos de natureza non produtiva que estean vinculados a proxectos de mobilización ou recuperación de terras regulados na normativa vixente.
A intensidade de axuda situarase entre un mínimo do 30 % e un máximo do 90 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El plazo para la presentación de solicitudes irá desde el 3 de febrero hasta el 2 de abril de 2026.



