RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF en galgeo) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 30 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao desenvolvemento de actuación dirixidas a mellorar a súa seguridade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. Consellería de Economía e Industria. DOG nº 131, (10/07/2025)
OBXECTO
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de actuacións de modernización tecnolóxica e dixital nas estacións de servizo de ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o desenvolvemento de actuación dirixidas a mellorar a súa seguridade, para o ano 2025, promovendo a mellora da eficiencia operativa, o acceso a servizos financeiros por parte da poboación e o desenvolvemento económico mediante a incorporación de tecnoloxías innovadoras. (procedemento IN519F) O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Pemes e autónomos titulares de estación de servizo situadas nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 20.000 habitantes, que realicen investimentos para a modernización tecnolóxica e dixital das estación de servizo, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a empresa figure de alta na clase 47.30 Comercio polo miudo de combustible para automóviles (CNAE-2025).
b) Ter como mínimo dous empregados contratados por conta allea e dados de alta con contratos indefinidos. (En concellos de menos de 2.000 habitantes, será
suficiente con ter un empregado por conta allea con contrato indefinido ou que o titular sexa un empresario autónomo).
c) Que a estación de servizo figure inscrita no Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo de Produtos Petrolíferos Líquidos.
GASTOS SUBVENCIONABLES
a) A adquisición e/ou instalación de sistemas e equipamentos dixitais para a mellora da xestión operativa da estación de servizo.
b) A implantación de sistemas e equipamentos asociados ao pagamento na estación de servizo, así como servizo de retirada de diñeiro en efectivo.
b.1) Sistemas e equipamentos dixitais para a mellora do pagamento.
b.2) Servizo de retirada de diñeiro en efectivo.
c) A integración de plataformas dixitais para a optimización da operativa de adquisición de produtos e servizos ofrecidos no establecemento.
d) A adquisición e/ou implantación de sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo.
e) A adquisición e/ou implantación de sistemas e equipamentos dirixidos a garantir os servizos ofrecidos pola estación de servizo en caso interrupción da subministración de enerxía eléctrica a través da rede de distribución.
e.1) Sistemas de alimentación ininterrompida asociados aos equipamentos dixitais.
e.2) Grupos electróxenos destinados a garantir a subministración de enerxía eléctrica..
Serán subvencionables os custos directamente relacionados coa execución das actuación Indicadas, incluíndo custos de adquisición, instalación, configuración, formación do persoal no uso de novas tecnoloxías e obras necesarias para a implantación dos sistemas anteriores.
Non se subvencionarán os gastos de legalización, taxas, licenzas, aranceis, bens de segunda man nin o IVE.
PERÍODO SUBVENCIONABLE
A percepción das subvencións previstas nesta resolución será incompatible coa de calquera outra que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
Consideraranse subvencionables todos os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data de xustificación do investimento.
CUANTÍA DE LA AYUDA
Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 50 % do importe total do custo elixible da actuación e cun máximo de 30.000 € por beneficiario.
Para actuacións da tipoloxía e.2) a intensidade da axuda será do 80% cun máximo de 5.000 €.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os proxectos que se presenten serán técnica e economicamente viables, establecéndose os seguintes criterios de valoración:
1. Impacto das tipoloxías de actuación na mellora dos servizos ofrecidos (ata un máximo de 60 puntos).
2. Contribución ao desenvolvemento económico e social de zonas rurais (ata un máximo de 30 puntos).
3. Viabilidade do proxecto (ata 10 puntos).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para presentar a solicitude vai dende o 11 de xullo ao 24 de agosto de 2025.
RÉXIME DE MÍNIMIS
As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis.



