– Axudas á mobilidade sostible no territorio das Rutas do Viño de Galicia. Ata o 13 de febreiro de 2026.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para a adquisición de bicicletas e patinetes eléctricos, así como para a dotación de estacións de reparación e puntos de recarga, no territorio das Rutas do Viño de Galicia, co obxectivo de fomentar a mobilidade sostible, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria como anticipado de gasto para o ano 2026. Axencia de Turismo de Galicia. DOG Nº 235, 04/12/2025.

OBXECTO E FINALIDADE

Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas para establecementos turísticos de aloxamento e adegas situadas nos territorios das cinco rutas do viño de Galicia para a adquisición, instalación e posta en funcionamento de bicicletas e patinetes eléctricos, estacións de reparación e puntos de recarga, así como para a creación dun sistema de xestión destes vehículos eléctricos e a comunicación destas experiencias, promovendo as sinerxías entre os actores que as conforman así como fomentando a mellora da experiencia enogastronómica e a posta en valor dos produtos vitivinícolas e proceder á súa convocatoria como anticipado de gasto para o ano 2026.

Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva (código deprocedemento TU503K).

PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento.

2. Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias as empresas titulares de adegas. As adegas beneficiarias da subvención, de non estar xa inscritas no REAT, deberán inscribirse como recursos turísticos no REAT antes do remate do período de xustificación. As adegas deberán achegar unha memoria e fotos que acrediten que teñen unha zona visitable para turistas, con zona de cata e degustación de produtos da zona, museo ou sala de exposicións, percorridos polos viñedos ou calquera actividade que poña en valor os viños da adega ou produtos de proximidade.

3. Esta actuación afecta as cinco rutas do viño de Galicia e a súa área de influencia, polo que tanto os establecementos turísticos de aloxamento como as adegas deben estar situados no territorio das cinco denominacións de orixe: DOP Monterrei, DOP Rías Baixas, DOP Ribeira Sacra, DOP Ribeiro e DOP Valdeorras. No caso das adegas, deberá acreditarse a adhesión a algunha das rutas do viño de Galicia no momento de solicitar a subvención, para o que bastará a certificación de socia expedida por unha das cinco rutas do viño de Galicia.

4. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un proxecto localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Pódense diferenciar catro liñas de gasto subvencionable para cada proxecto:

a) Liña 1. Estacións de reparación e puntos de recarga e restauración paisaxística.

• Liña 1.1: dotación de equipamentos e estacións de reparación para bicicletas e patinetes eléctricos, e puntos de recarga para a adaptación ao cambio climático do destino e as súas infraestruturas a través da mobilidade sostible.

• Liña 1.2: restauración paisaxística das áreas onde se crean os puntos de recarga.

b) Liña 2. Adquisición de vehículos eléctricos: bicicletas e patinetes eléctricos: máximo 10 bicicletas eléctricas e 10 patinetes eléctricos por establecemento ou adega.

c) Liña 3. Creación e implantación do sistema de xestión dos vehículos eléctricos: inclúe o deseño e posta en marcha de plataformas, webs, aplicacións para xestionar o funcionamento dos vehículos eléctricos adquiridos e a súa comercialización.

d) Liña 4. Sinalética e información das experiencias creadas cos vehículos eléctricos: inclúense os procesos de creación e comunicación do produto ou do equipamento turístico co que se vai dotar o establecemento, tamén se inclúen accions de mellora dos produtos turísticos e accións de comunicación.

Non serán subvencionables: autorizacións administrativas, licenzas, permisos, gastos asociados a xestións, contratacións, gastos de mantemento, seguros, custos financeiros, sancións, licenzas ofimáticas, vixilancia e seguridade durante a execución da obra, custos de persoal propio, IVE, ou gastos en equipamento que impliquen o consumo de combustibles fósiles.

Os bens obxecto de investimento deberán ser novos e adquiridos a terceiros.

ÁMBITO TEMPORAL

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 5 de decembro de 2025 e o 30 de xuño de 2026.

CONTÍA DA AXUDA

A intensidade da axuda será de ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto. O investimento mínimo requirido será de 5.000 €.

ORZAMENTO

Orzamento Concepto Importe
Liña 1.1 Estacións de reparación (bicicletas e patinetes) e puntos de recarga (bicicletas, patinetes e coches) 1.625.000,00 €
Liña 1.2 Restauración paisaxística das áreas onde se creen os puntos de recarga 400.000,00 €
Liña 2 Adquisición de vehículos eléctricos (bicicletas e patinetes eléctricos) 920.000,00 €
Liña 3 Creación e implantación do sistema de xestión dos vehículos eléctricos 510.000,00 €
Liña 4 Sinalética e información das experiencias creadas cos vehículos eléctricos 545.000,00 €
Total convocatoria 4.000.000,00 €

RÉXIME DE MINIMIS

A presente axuda quedará suxeita ao réxime de minimis.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses. O dito prazo comezará o 13 de decembro de 2025 e rematará o 13 de febreiro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter