RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) y consultar la Resolución completa na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN 4 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, Programa ciencia-empresa. Axencia Galega de Innovación (DOG 56 25/03/2026).
OBXECTO
Estas bases están dirixidas a apoiar a realización de proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental por parte das pequenas e medianas empresas galegas, que lles permitan desenvolver solucións tecnolóxicas de alto impacto, mellorar a súa competitividade e potenciar a xeración de emprego altamente cualificado.
O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
O código de procedemento é IN852F
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Pequenas e medianas empresas (pemes) que realicen un proxecto de I+D individual, cuxas actividades se desenvolvan en Galicia.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental. A cualificación da actividade subvencionable para a entidade que solicita a axuda corresponderá coa que sexa predominante. (ver Anexo VII das bases reguladoras).
Son tecnoloxías fundamentais STEP, as tecnoloxías dixitais, tecnoloxías limpas e eficientes no uso dos recursos e as biotecnoloxías.
CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS
Os proxectos financiables deberán encadrarse nalgún dos seguintes ámbitos prioritarios dos retos contados na RIS3 Galicia 2021-2027: Recuros naturais e patrimoniais; modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento e modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación.
Os proxectos financiables ao abeiro desta convocatoria serán individuais e terán un orzamento subvencionable mínimo de 100.000 € e un máximo de 500.000 €.
As axudas obxecto desta convocatoria teñen un efecto incentivador, polo tanto a solicitude debe presentarse antes do comezo do proxecto.
Os proxectos deberán estar finalizados o 30 de setembro de 2028.
CUSTOS SUBVENCIONABLES
Custos directos:
- Custos de persoal.
- Equipamento e material instrumental de nova adquisición
- Materiais, subministracións e produtos similares.
- Adquisición de patentes.
- Subcontratacións (inclúen servizos tecnolóxicos externos)
- Outros custos: custo do informe de valoración do cumprimento DNSH, custo da contratación externa do plan de comunicación e difusión do proxecto.
Custos indirectos: será a contía resultante de aplicar o 15% aos custos de persoal.
INTENSIDADE DA AXUDA
| Categoría predominante do proxecto | Non STEP | STEP | ||
| Pequena empresa | Mediana empresa | Pequena empresa | Mediana empresa | |
| Investigación industrial | 60 % | 60 % | 75 % | 65 % |
| Desenvolvemento experimental | 50 % | 40 % | 50 % | 40 % |
CRITERIOS DE VALORACIÓN
A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos atendendo aos seguintes criterios:
- Excelencia: calidade científico-técnica do proxecto : 0-30 puntos (puntuación mínima necesaria 16 puntos)
- Calidade e eficiencia da implementación do proxecto: 0-30 puntos (puntuación mínima necesaria 16 puntos)
- Impacto tecnolóxico e socioeconómico do proxecto: 0-40 puntos
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 26 de marzo e o 27 de abril de 2026.
PRAZOS DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN
| Período de execución | Presentación documentación xustificativa | ||
| Ano 2026 | Desde | data de presentación da solicitude | 31/01/2027 |
| Ata | 31/12/2026 | ||
| Ano 2027 | Desde | 01/01/2027 | 31/01/2028 |
| Ata | 31/12/2027 | ||
| Ano 2028 | Desde | 01/01/2028 | 15/10/2028 |
| Ata | 30/09/2028 | ||
ORZAMENTO
Distribución orzamentaria para proxectos non STEP:
| Aplicación orzamentaria | 2026 | 2027 | 2028 | Total |
| 07.A2.561A.770.0
(CP: 2023.00002) |
100.000 € | 250.000 € | 250.000 € | 600.000 € |
Distribución orzamentaria para proxectos STEP:
| Aplicación orzamentaria | 2026 | 2027 | 2028 | Total |
| 07.A2.561A.770.0 (CP: 2023.00002) | 400.000 € | 1.000.000 € | 1.000.000 € | 2.400.000 € |



