RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón”web”.
— ORDEN do 16 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 20, 30/01/2026).
OBXECTIVO
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2026.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva
O código de procedemento é o TR880A.
BENEFICIARIOS
-Persoas traballadoras autónomas
-Mutualistas
-Pequenas e medianas empresas. Inclúense comunidades de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica
-Cooperativas e sociedades laborais,
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1. Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciase a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024:
1) Equipamento informático.
2) Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3) Investimentos en eficiencia enerxética.
4) Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5) Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
6) Gastos notariais e/ou rexistrais.
7) Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.
8) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
– Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
– Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria
INTENSIDAD DA AXUDA
O investimento total realizado deberá ser como mínimo de 5.000 € (IVE excluído).
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 20.000 €, a contía da axuda será do 55% do investimento.
b) Con investimentos de 20.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 60.000 €, a contía da axuda será do 45 % do investimento.
RÉXIME DE MINIMIS
As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis
CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os criterios de valoración serán os seguintes:
| Criterio de valoración | Aspectos para valorar | Puntuación máximo 30 puntos) | |
| 1 | Actividade económica do solicitante (deberán constar de alta no certificado de situación censual do solicitante na data de publicación da convocatoria) | Solicitantes de sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia (só aqueles indicados no anexo II) | 9/6/3 |
| 2 | Poboación do municipio en que se realiza a actividade (datos de poboación segundo os últimos datos dispoñibles no Instituto Galego de Estatística (IGE) | Menor ou igual a 2.000 habitantes | 12 |
| De 2.001 a 5.000 habitantes | 9 | ||
| De 5.001 a 10.000 habitantes | 6 | ||
| Entre 10.001 e 20.000 habitantes | 3 | ||
| Máis de 20.000 habitantes | 0 | ||
| 3 | Proxecto nun concello emprendedor (segundo o descrito na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia) | O concello en que se realice a actividade deberá estar adherido á Iniciativa galega de concellos emprendedores promovida pola Administración autonómica | 3 |
| 4 | Implantación de medidas de igualdade e inclusión | >50 % mulleres | 3 |
| >10 % persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social | 3 |
Para o criterio 1, teránse en conta as puntuacións respecto das seguintes actividades:
| Sector | Sección | División | Grupo/epígrafe | Puntuación (máximo 9 puntos) |
| Gandaría | 1 | 0 | 011 –
071 |
9 |
| Servizos agrícolas, gandeiros, forestais e pesqueiros |
1 |
9 | 911 –
912 |
9 |
|
Servizos de saneamento, limpeza e contra incendios |
1 | 9 | 921 –
922 |
9 |
| Asistencia e servizos sociais | 1 |
9 |
951 –
952 |
9 |
| Agricultura, gandaría, caza, silvicultura e pesca |
2 |
0 |
011 –
099 |
9 |
| Educación e investigación |
1 |
9 |
931 –
936 |
6 |
| Outras industrias manufactureiras | 1 |
4 |
411 –
495 |
6 |
| Sanidade e servizos veterinarios |
1 |
9 | 941 –
945 |
6 |
| Servizos persoais | 1 | 9 | 971 –
979 |
6 |
| Enerxía, auga, minaría e química | 2 | 1 | 111 –
199 |
6 |
| Aeronáutica, telecomunicacións e mecánica prec. | 2 | 2 | 211 –
299 |
6 |
| Industrias manufactureiras | 2 | 3 | 311 –
399 |
6 |
| Construción (actividades profesionais) | 2 |
4 |
411 –
499 |
6 |
| Industrias transf. de metais, mec. de precisión | 1 | 3 | 311 –
399 |
3 |
| Construción | 1 | 5 | 501 –
508 |
3 |
| Comercio mixto, integrado | 1 |
6 |
661 –
665 |
3 |
| Resto de actividades | 0 | |||
EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS
Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 1 de xullo de 2025 ata a data da presentación da solicitude.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Dende o 31 de xaneiro ata o 2 de marzo de 2026 ou esgotamento de presuposto



