– Axudas á creación e ampliación de cadros de persoal de pemes e persoas autónomas (A Coruña): PEL PEMES CREACIÓN 2026

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumo da Subvención en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Subvención completa na ligazón “web”.

— Subvención á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e persoas autónomas no ano 2026 (PEL-PEMES/CRE/AMP/2026). BOP 216 (11/11/2025)

PERSOAS SOLICITANTES

As pequenas empresas, microempresas ou persoas autónomas con domicilio fiscal e un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 20 000 habitantes.

CONTÍA

Poderán percibir unha axuda de ata 12 000 euros.

O crédito inicial dispoñible para o total das axudas é de 3 500 000 euros.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

A creación dun posto de traballo durante un período mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses na anualidade 2026..

Ata o 60% dos custos salariais, de Seguridade Social e outros gastos sociais da contratación laboral dunha persoa traballadora a xornada completa ou parcial dun mínimo do 50% da xornada ordinaria.

CONCESIÓN DAS AXUDAS

Por concorrencia competitiva: valóranse e ordénanse as solicitudes segundo os criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras destas subvencións e concédense ata o esgotamento do crédito.

PAGO

Unha vez realizados os gastos e presentada a xustificación na plataforma SUBTeL.

PRAZO DE JUSTIFICACIÓN

O período subvencionable abranguerá dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026. O prazo para a xustificación dos gastos será ata o 28 de febreiro de 2027.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de solicitudes vai dende o 15 de novembro (09:00) ao 16 de decembro de 2025 (14:00). 

  • Facebook
  • Twitter