RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumen da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN do 12 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, e se convocan para o ano 2026. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG Nº 3, 07/01/2026).
OBXECTO
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinada as persoas viticultoras inscritas no rexistro do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, pola súa contribución á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.
Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento administrativo para dita axuda é MR451B.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderanse acoller a estas axudas as persoas que teñan a condición de persoa viticultora e estean inscritas como tal nos rexistros do Consello Regulador que xestiona a DOP Ribeira Sacra na data de publicación da axuda.
CONTÍA DAS AXUDAS/span>
A contía da axuda será:
– máximo de 2.000 € por hectárea para o sistema de cultivo 1 (cultivo da vide en socalcos de pedra onde o traballo se realiza de forma non mecanizada)
– máximo de 1.000 € por hectárea para o sistema de cultivo 2 (cultivo da vide sen socalcos ou mediante traballo mecanizado)
Para o cálculo da axuda terase en conta a superficie de viñedo en produción inscrita por cada persoa viticultora no Rexistro de Viñas do Consello Regulador DOP Ribeira Sacra na data de publicación desta resolución no DOG.
Cada persoa beneficiaria presentará unha única solicitude de axuda.
Como máximo a axuda non poderá ser superior a 50.000 € por persoa beneficiaria.
RÉXIME DE MINIMIS
As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 8 de xaneiro ata o 9 de febreiro de 2026.



