— Axudas a valados fixos. Ata 06/02/2026

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

ORDE dO 12 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da instalación de valados fixos, como medida de prevención por danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para o ano 2026. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. DOG Nº 2, 05/01/2026

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poida ocasionar esta especie.

Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.

O código de procedemento administrativo para dita axuda é MT809F.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Será subvencionable a adquisición de valados fixos, adquiridos con posterioridade a convocatoria desta axuda. Non será subvencionable o IVE nin o transporte dos materiais e a man de obra para a instalación.

  • Valados fixos electrificados: 1 cercado por cada rabaño de entre 15 e 30 reses de gando menor ou entre 5 e 10 reses de gando maior, e cun máximo de 2 cercados por explotación.
  • Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica: un cercado por cada rabaño de entre 25 e 50 reses de gando menor ou entre 10 e 20 reses de gando maior, e cun máximo de 2 cercados por explotación.

BENEFICIARIOS

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS

  • Valados fixos electrificados: o importe máximo da axuda será de 3,5 € / metro lineal cun máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.
  • Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica: o importe máximo da axuda será de 4,5 € / metro lineal cun máximo de 4.500 € por valado, IVE excluido.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Na concesión de axudas teranse en conta os seguintes criterios:

a) Titulares de explotación gandeiras que non recibiron axudas polos mesmos conceptos en convocatorias anteriores: 10 puntos
b) Existencia de danos ocasionados polo lobo entre o 1/10/23 e o 30/09/25 avaliados pola comisión de valoración: 5 puntos
c) Número de cabezas de gando: ata 25 puntos
d) Titulares de explotación gandeiras que teñan contratada unha liña de aseguramento gandeiro que inclúa como risco os ataques ao gando por animais silvestres: 5 puntos

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 6 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023.

  • Facebook
  • Twitter