— Axudas ao control do rendemento leiteiro. Ata 03/02/2026

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

ORDE do 28 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para o control do rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, e se convocan para o ano 2026. Consellería de Medio rural. DOG Nº 1, 02/01/2026

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto desenvolver as bases polas que se rexerá a concesión de axudas destinadas ás entidades oficialmente recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia para o control do rendemento leiteiro.

Estas axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva.

O código de procedemento administrativo para dita axuda é MR270B.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables as actividades levadas a cabo despois da presentación da solicitude de axuda.

Poderanse subvencionar as actuacións destinadas a comprobar sistemáticamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras, para a determinación do valor xenético e os méritos e capacidades dos animais no marco dun programa de cría aprobado oficialmente para a raza.

BENEFICIARIOS

Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde as entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro oficial ao abeiro do RD 663/2023 do 18 de xullo que sexan unha entidade de control letieiro (persoa física ou xuridica autorizada pola autoridade competente dunha ou varias CCAA para a realización do control do rendemento leiteiro nos seus territorios) ou unha asociación ou organización de criadores (sociedades de criadores de razas puras).
Asimesmo deberán ter a condición de peme e empregar unha base de datos única e común para toda Galicia, onde se integrará, procesará e analizará toda a información procedente dos controis realizados.

As persoas beneficiarias últimas das actuación con as persoas gandeiras que participan no control oficial de rendemento leiteiro, que reciben a axuda baixo a forma de servizos subvencionados
prestados por terceiros.

CONTÍA DAS AXUDAS

O importe máximo de axuda estará limitado sobre os gastos subvencionables ata o 70 % dos custos derivados da realización de probas destinadas a determinar o rendemento do gando vacún leiteiro.

CRITERIO DE VALORACIÓN

Na concesión de axudas previstas nesta orde atenderase aos seguintes criterios:

a) Número de lactacións no ano 2025: 4 puntos. En cada convocatoria, a repartición do total de puntos por este criterio entre as persoas solicitantes de cada comunidade autónoma realizarase de forma proporcional ao número de lactacións realizadas durante o ano 2025.
b) Carácter supraautonómico da entidade solicitante: 6 puntos.
c) Capacidade da entidade solicitante para desenvolver as actuacións que se financien, especialmente as actividades relacionadas co control de rendementos coa maior eficacia, eficiencia e economía de medios persoais e materiais, tendo en conta os censos e explotacións: 2 puntos.
Para avaliar este criterio, o órgano concedente terá en conta o persoal técnico e administrativo cualificado e os medios materiais de que dispón cada entidade para a realización dos controis: equipamento informático, software específico, aparellos de medición e vehículo de transporte.
d) Entidade colaboradora do Programa de mellora xenética de frisón de Galicia: 3 puntos.

Será preciso obter unha puntuación mínima de 4 puntos.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 3 de xanerio ata o 3 de febreiro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter