– Subvencións á destilación voluntaria de viño en época de crise. Ata o 9 de decembro de 2025.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

— ORDE do 5 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á destilación voluntaria de viño en época de crise e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MR446B). Consellería do Medio Rural. DOG Nº 216, 07/11/2025

OBXECTO E FINALIDADE

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras xerais e convocar para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas para a destilación voluntaria de viño amparado polas DO Ribeiro e DO Monterrei en casos de crise.

A súa finalidade é facilitar que as adegas liberen capacidade para poder afrontar a entrada de uva da próxima colleita e reducir o exceso de existencias de viño tinto no sector vitivinícola dos viños amparados polas DO Ribeiro e DO Monterrei.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser persoas beneficiarias as empresas vitivinícolas elaboradoras que no momento de solicitude cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser elaboradoras de viño tinto amparado nas DO Ribeiro e DO Monterrei.

b) Que asuman as obrigas establecidas nos artigos 4 e 5 desta orde.

c) Que compren ou comprasen uva amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei a persoas viticultoras na campaña vitivinícola 2025/2026 e;

d) Cumpran, ademais, algún destes requisitos:

1º. Ter comprado uva de variedade tinta amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei na campaña vitícola 2024/2025 a persoas viticultoras.

2º. Ter utilizado uvas de variedade tinta amparada polas DO Ribeiro e DO Monterrei dos seus propios viñedos na campaña vitícola 2024/2025, actuando como persoas viticultoras.

As persoas beneficiarias deberán presentar antes do 31 de xullo de 2026 unha declaración do destino do alcohol obtido, mencionando, polo menos, os seguintes datos:

a) Datos do destinatario do alcohol, indicando, como mínimo, o nome, NIF, enderezo social, correo electrónico e teléfono de contacto.

b) ) Relación de documentos de acompañamento do alcohol entregado indicando o seu código de referencia administrativo (ARC).

c) Cantidade e grao volumétrico.

d) Declaración de traballo (modelo 520), que certifique a desnaturalización.

Xunto coas obrigas anteriores, as persoas beneficiarias deberán permanecer na actividade de produción vinícola durante os 5 anos seguintes á data da concesión da axuda.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

1. Poderán ser obxecto da axuda de destilación de crise voluntaria os viños tintos a granel que estean amparados polas DO Ribeiro e DO Monterrei baixo a titularidade dunha empresa vitivinícola.
2.O viño será entregado pola persoa beneficiaria a unha destilaría autorizada para a destilación de subprodutos da Intervención Sectorial do Viño 2024/2027 para a campaña 2024/2025.
3.O viño debe ter un grao alcohólico adquirido non inferior ao 4,5 % vol., de acordo coa definición recollida na letra b) do punto 1 da parte II do anexo VII do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) 922/72, (CEE) 234/79, (CE) 1037/2001 e (CE) 1234/2007.
4. O dato de elaboración da última vendima corresponderá ao volume elaborado na campaña vitivinícola 2024/2025 por cada persoa solicitante con uvas de variedades tintas producidas por persoas viticultoras e será achegado polo Consello Regulador das DO Ribeiro e DO Monterrei.
5. A destilación poderá realizarse, como data límite, ata o 15 de decembro de 2025.

O alcohol obtido da destilación de viño para o que se concedeu a axuda destinarase exclusivamente para o seu uso en procesos industriais (desnaturalizado), incluída a fabricación de desinfectantes e produtos farmacéuticos ou enerxéticos, co fin de evitar distorsións da libre competencia.

COMEZO DA SUBVENCIONABILIDADE

Con carácter xeral, a destilación non poderá estar iniciada antes da resolución de concesión de axuda.

Se for necesario iniciar a destilación despois da publicación da orde de axudas e antes da resolución das solicitudes, de forma excepcional, poderase solicitar unha certificación de non inicio con carácter previo á destilación.

CONTÍA DA AXUDA

A axuda financeira para a destilación voluntaria de crise será de 66,00 €/hl de viño tinto destilado para a DO Ribeiro e 96,5 €/hl de viño tinto destilado para a DO Monterrei.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

O prazo para a xustificación comprenderá dende a data de resolución ata o 15 de decembro de 2025.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de solicitude vai dende o 8 de novembro ao 9 de decembro de 2025.

  • Facebook
  • Twitter