RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025. Consellería do Medio Rural. DOG 120, 25/06/2025.
OBXECTO E FINALIDADE
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, convocándoas para o ano 2025 en réxime de concorrencia competitiva, incluíndo as seguintes intervencións contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC)
Estas intervencións regúlanse mediante os seguintes procedementos administrativos:
a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.
b) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.
c) MR405H Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias (para agricultores mozos cunha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores)
Establecemento de persoas agricultoras mozas
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
1. As persoas que desexen acceder ás axudas para o establecemento de persoas agriculturas mozas (procedementos MR404A) deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda (excepción para a incorporación nunha forma xurídica).
c) Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos 18 meses seguinte á data de establecemento.
d) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.
e) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento.
f) Presentar un plan empresarial incluíndo situación inicial da explotación, situación unha vez realizado o plan de empresa incluíndo superficie da explotación, cultivos, cabezas de gando e rendementos, maquinaria, man de obra, plan de producción, análise económica do proxecto, plan de investimentos, formación,…
g) Permanencer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.
h) Participar no programa de titorización a persoas agricultoras mozas que presta a Consellería do Medio Rural.
i) Non ter concedida unha axuda por primeira instalación.
INVESTIMENTOS ELIXIBLES
1) Adquisición de maquinaria agrícola.
2) Sistemas de xestión de estercos.
1. Cobertura de balsas e outros sistemas de almacenamento de esterco
2. Nitrificación-desnitrificación.
3. Separación sólido-líquido
4. Compostaxe
5. Instalación de plantas de biogás de uso individual
6. Construción de novos sistemas de almacenamento, ou adaptación dos existentes
3) Regadíos
4) Adquisición de terreos e bens inmobles.
1. Terreos.
2. Naves.
5) Pradeiras e rozas.
6) Cercas.
7) Construcións agrarias.
1. Instalación dunha potabilizadora
2. Silos.
3. Almacéns.
4. Reformas de construcións existentes.
8) Instalacións e liñas eléctricas.
PORCENTAXE E CONTÍA MÁXIMA DA AXUDA
1. O importe da axuda será 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10.000 euros por ser muller.
b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.
d) 10.000 euros por titularidade compartida.
No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.
2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 30.000 euros.
Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias (procedemento MR405F) deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser unha persoa moza que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas
agricultoras mozas convocadas nestas bases reguladoras.
b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c) Ter capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, agás no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas. As persoas xurídicas deberán acreditar que polo menos o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario, ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.
f) A solicitude ten que ser viable economicamente. Para iso, a explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual ao finalizar o plan empresarial.
g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 «Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020», sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.
h) Non ter concedida unha axuda pola mesma subintervención. No caso de tela, ter renunciado no prazo de dez días desde a súa notificación, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo I de solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.
2. As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos na data de finalización do prazo de presentación da solicitude.
INVESTIMENTOS ELIXIBLES
1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións. En particular:
a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña una redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade; o cumprimento de novas normas obrigatorias da Unión Europea; a mellora das condicións de seguridade laboral.
b) Compra de construcións agrarias en desuso.
c) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (árbores e arbustos froiteiros)
d) A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73.3.c) do Regulamento (UE) 2021/2115.
e) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados poderán comprender gastos xerais, licenzas de software u outros permisos.
Os investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento da Unión só serán subvencionables no período de gracia de 12-24 meses
2. Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo:
a. Para o procedemento MR405F: 15.000 euros.
PORCENTAXES E CONTÍA MÁXIMA DA AXUDA
1. O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser persoas agricultoras mozas.
b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
c) 10 % no caso de investimentos en explotacións de agricultura ecolóxica.
d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotacións sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.
No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á contía base.
2. A contía máxima da axuda establécese en:
a) Para o procedemento MR405F: 250.000 euros.
Poderá destinarse, como máximo, un 30 % deste importe á adquisición de maquinaria agrícola.
Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
1. As persoas que desexen acceder ás axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias (procedemento MR405H) deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser unha persoa moza cunha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores.
b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.
c) Ter capacitación profesional suficiente ou estar no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, que deberán posuír o nivel de capacitación profesional no prazo máximo de 36 meses desde o momento do seu establecemento. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % das persoas socias posúe a capacitación suficiente.
d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.
e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pagamento final ao beneficiario, ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.
f) A solicitude ten que ser viable economicamente. Para iso, a explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual ao finalizar o plan empresarial.
g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 «Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020», sen presentar a súa solicitude de pagamento na data de publicación desta orde.
h) Non ter concedida unha axuda pola mesma subintervención. No caso de tela, ter renunciado no prazo de dez días desde a súa notificación, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) As comunidades de bens e as sociedades civís farán constar no anexo I de solicitude os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles.
2. As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos na data de finalización do prazo de presentación da solicitude.
INVESTIMENTOS ELIXIBLES
1. Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións. En particular:
a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña una redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade; o cumprimento de novas normas obrigatorias da Unión Europea; a mellora das condicións de seguridade laboral.
b) Compra de construcións agrarias en desuso.
c) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (árbores e arbustos froiteiros)
d) A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73.3.c) do Regulamento (UE) 2021/2115.
e) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados poderán comprender gastos xerais, licenzas de software u outros permisos.
Os investimentos para adaptarse a normas de obrigado cumprimento da Unión só serán subvencionables no período de gracia de 12-24 meses
3. Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo:
a. Para o procedemento MR405H: 15.000 euros.
PORCENTAXES E CONTÍA MÁXIMA DA AXUDA
1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
b) 10 % no caso de investimentos en explotacións de agricultura ecolóxica.
c) 5 % no caso de que a persoa titular da explotacións sexa muller. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, máis do 50 % das persoas socias deberán ser mulleres ou que as persoas socias mulleres acrediten máis do 50 % do capital social.
No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe do 30% dos custos elexibles.
2. A contía máxima da axuda establécese en:
a) Para o procedemento MR405F: 250.000 euros.
Poderá destinarse, como máximo, un 30 % deste importe á adquisición de maquinaria agrícola.
PERÍODO DE SUBVENCIONABILIDADE
Serán subvencionables os investimentos que se realicen con anterioridade á data de presentación da solicitude, sempre que non se executasen na súa totalidade.
En calquera caso, a data de inicio da subvencionabilidade dos gastos efectuados non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2023.
Se o investimento son obras e/ou instalacións fixas, será necesario un certificado do técnico competente da Consellería do Medio Rural en que se faga constar o non inicio delas ou que non están finalizadas. Neste último caso, a persoa solicitante deberá acreditar a data de inicio dos investimentos.
PRAZO DE XUSTIFICACIÓN
1. Todas as persoas beneficiarias deberán executar e solicitar o pagamento no prazo máximo de 24 meses da concesión da axuda. As persoas beneficiarias farán constar, na solicitude de axuda e memoria técnico-económica, o prazo en que van executar e solicitar o pagamento. Indicarán o prazo en meses, que será como máximo 24.
2. Tendo en conta o anterior, ante a posibilidade de que se executen as actuacións subvencionadas ao longo de diferentes anualidades, establécense os seguintes prazos limite en función de cando se finalice a execución da actuación subvencionada:
a. Para as actuacións finalizadas antes do 01/11/2025 o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15/11/2025
b. Para as actuacións finalizadas antes do 1/11/2026, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza o 15/11/2026.
c. Para as actuacións finalizadas entre o 01/11/2026 e os 24 meses desde a concesión, o prazo límite para solicitar o pagamento finaliza aos 24 meses da concesión.
Poderase conceder ampliación do prazo establecido sempre que as circunstancias o aconsellen e non se perxudique a terceiros. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución e en todo caso antes do vencemento do prazo de xustificación.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación das solicitudes vai dende o 26/06/2025 ao 28/07/2025.



