• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA pide a Yolanda Díaz apoiar proxectos que impulsen o sector agroalimentario no rural

6 de Xullo de 2020
en Novidades
AGACA pide a Yolanda Díaz apoiar proxectos que impulsen o sector agroalimentario no rural
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Representantes da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) participaron esta mañá nunha reunión coa Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, no marco do Foro pola Economía Social Galega (ForoESGal).

Para a Unión de Cooperativas AGACA é fundamental que se impulsen proxectos innovadores que favorezan o desenvolvemento do cooperativismo agroalimentario e a importancia de promover as liñas específicas de apoio á economía social.

AGACA reuniuse coa Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, no marco do Foro pola Economía Social Galega (ForoESGal), co obxectivo de presentarlle os retos que estas empresas deben afrontar para garantir o crecemento do sector.

Neste sentido, AGACA aproveitou o encontro para poñer en valor que as cooperativas cumpren unha función capital como modelo de empresa na economía social. Son xeradoras de riqueza e postos de traballo e, ademais, prestan servizos no ámbito rural, onde a miúdo hai falta de iniciativa privada.

Por este motivo, subliñouse a importancia de que, dende o Ministerio de Traballo, se impulsen proxectos innovadores que favorezan o desenvolvemento do cooperativismo agroalimentario e destacouse que é vital promover as liñas específicas de apoio á economía social. AGACA comentou a Yolanda Díaz a necesidade de apoiar especialmente proxectos singulares no medio rural, que permitan traballar en ámbitos tan estratéxicos como a substitución xeracional e a chegada dos produtos cooperativos ao consumidor.

Dende as cooperativas agroalimentarias sinalaron as principais necesidades dun sector que ten o crecemento na transformación dos produtos e a especialización empresarial sectorial como obxectivos máis inminentes. Neste sentido, AGACA propuxo á ministra buscar un encaixe das ferramentas das políticas de emprego coas necesidades do cooperativismo agroalimentario para así poder garantir a súa concreción en proxectos eficaces para a creación de emprego, a colaboración empresarial, a innovación e a internacionalización do sector.

Finalmente, expuxéronse cuestións de orde máis interna pero non por iso menos relevantes, como a adecuación do sistema de apoio á formación continua para que profesionais da agricultura e a gandería teñan maior acceso á mesma, así como ás cooperativas agroalimentarias e ás pemes do medio rural.

En relación coa Crise COVID-19, AGACA atopa imprescindible considerar á cadea alimentaria de forma inequívoca como sector estratéxico e a todas as persoas que traballan nel como esenciais neste período de crise. Isto habilitaría e permitiría o desenvolvemento de certas medidas específicas para que continúe o traballo de favorecer a subministración de alimentos á sociedade.

Ademais, cómpre ter visión global e apoios con medidas a medio e longo prazo que actúen directamente na recuperación do consumo e dos valores dos nosos produtos nos mercados.

En Galicia:

Os datos máis destacados das cooperativas agroalimentarias galegas son:

  • Existen cerca de 200 cooperativas agroalimentarias con actividade, que facturan 1.152.000.000€
  • Ademais posúen o 100% de 36 empresas mercantís que facturan 685.000.000€
  • Dan traballo a máis de 5.800 persoas traballadoras entre as cooperativas e as empresas.
  • Tienen entorno a 28.500 persoas socias agricultores/as e gandeiros/as.
  • Son empresas de grande importancia económica e social nos núcleos rurais galegos.
  • No último exercicio 2019 estimamos un incremento de facturación do 4% e tamén da xeración de emprego fixo.

06/07/2020

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.