- O curso “A economía social e a modernización do sector primario: certificacións de calidade e ambientais” é gratuíto para o alumnado e está subvencionados na súa totalidade polo proxecto
- Desenvólvese do 13 de abril ao 5 de xuño de 2020.
- Pode consultar información sobre o curso ou inscribirse escribindo a Loli Couso (loli@agaca.coop) ou por teléfono no 609070135. Datos necesarios: nome completo, DNI, teléfono e correo electrónico.
O obxectivo do curso é que o alumnado adquira e fortaleza os coñecementos necesarios relacionados coa calidade para coñecer, comprender, mellorar, así como xestionar as estratexias e mecanismos que permitan promover e consolidar a economía social e a modernización do sector primario agroalimentario.
Os contidos planificados están dirixidos a persoas emprendedoras da economía social que desexen buscar apoio e acompañamento nos procesos de creación, modernización e crecemento, baseados na certificación de calidade agroalimentaria e ambiental.
Trataranse temas como certificacións en vacún de leite, GLOBAL GAP, BRC/ IFS ou ISO, ademais de análise de ciclo de vida, pegada de carbono ou hídrica.
Desenvolvemento e diploma
Esta acción formativa desenvólvese ao longo de 08 semanas, desde o 13 de abril ao 05 de xuño de 2020, cunha planificación estimada de 10 horas semanais. O horario de impartición, ao tratarse de modalidade teleformación, desenvolverase a través do uso dunha plataforma virtual as 24 horas do día, os 7 días da semana, onde estarán dispoñibles os materiais, e a maneira de contactar cos titores de cada módulo para aclarar dúbidas e preguntas.
Ao finalizar a acción formativa con éxito, e nun prazo máximo non superior a dous meses, o alumnado recibirá por correo electrónico o diploma.
Proxecto LACES

AGACA participa como beneficiaria do Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, que está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia lidera o partenariado do proxecto LACES, que está integrado ademais pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Tecminho, a Associação Centro de Incubação Base Tecnológica do Minho (In.cubo), a Câmara Municipal de Santo Tirso, e as asociacións de economía social de Galicia EspazoCoop-Unión de Cooperativas Galegas, Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).
O proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego.





