NOTA DE PRENSA: INTERPROFESIONAL DEL VINO DE ESPAÑA
- AInterprofesional del Vino de España celebrou onte a súa Asemblea Xeral Ordinaria, precedida dunha Xunta Directiva, na que se acordou seguir traballando coa Conferencia Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) para a firma dun convenio entre ambas que permita a creación dun Comité Mixto no que participen os representantes dos consellos reguladores e a súa incorporación á Comisión de Márketing, encargada das accións de promoción.

Na reunión aprobáronse as contas de 2016 e o orzamento da organización para 2017, enfocado ao desenvolvemento dos obxectivos establecidos na extensión de norma. En concreto, na área de márketing e promoción validáronse os traballos realizados ata agora pola consultora BMC Strategic Innovation, a instancias do Comité de Márketing da Interprofesional, para elaborar unha estratexia de recuperación do consumo de viño en España que sirva de base para futuras campañas de promoción e comunicación no noso país.
Así mesmo, a Asemblea aprobou tamén o programa para a xornada de presentación da Interprofesional o próximo 19 de abril no CaixaForum de Madrid. A xornada, conducida pola xornalista de RTVE Sandra Sutherland, servirá para dar a coñecer de primeira man os retos e obxectivos da Interprofesional, ademais de poñer en valor a importancia económica, social, ambiental e cultural do viño. Aínda está aberto o prazo de inscricións a través da dirección jornadaoive@agrifood.es.
Por último, a Asemblea da Interprofesional decidiu relevar das súas funcións como director xerente a Jaime Palafox. De maneira interina, asumirá ditas funcións á fronte da Interprofesional do Viño a partir de agora Susana García Dolla, membro da Xunta directiva da Interprofesional.
A Organización Interprofesional del Vino de España (OIVE) constituíuse en 2014 e foi recoñecida como organización interprofesional agroalimentaria a través da Orde AAA/2502/2014, do 23 de decembro. Está composta polas principais organizacións representativas do sector a nivel nacional, tanto da rama da produción (ASAJA, COAG, UPA e Cooperativas Agro-alimentarias de España) como da comercialización (Federación Española del Vino (FEV), a Asociación Empresarial Vinos de España e Cooperativas Agro-alimentarias de España).




