NOTA DE PRENSA: Delagro S. Coop.
- Durante as xornadas do xoves 26 e o venres 27 de xaneiro terán lugar catro conferencias técnicas, organizadas por DELAGRO S. Coop., abertas calquera profesional con interese nas novidades sobre fertilización, forraxes e ensilado.
- A entidade tamén presentará un novo fertilizante para plantacións forestais e é candidata ao “V Concuso de Innovación tecnolóxica Abanca GandAgro”.
- A Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro 2017 desenvolverase entre o 26 e o 28 de xaneiro en Silleda.
DELAGRO S. Coop. estará presente nas dúas primeiras xornadas da Feira Abanca Cimag-GandAgro 2017 con catro conferencias técnicas dirixidas a profesionais do sector.
O primeiro relatorio será o día 26, sobre a aplicación de fertilizantes mediante adobadoras de proxección, a cargo de Mariano Nogueiras, do Departamento de Enxeñería Agrícola e Forestal da Universidade de Valladolid. A continuación, Gregorio Salcedo, profesor de nutrición animal no cántabro Centro Integrado de FP “La Granja” expoñerá “A pegada de carbono en forraxes”. As conferencias serán de 12:00 a 13:30 horas.
A segunda xornada, o día 27 e no mesmo horario, empezará coa charla ”Evolución de resultados analíticos de forraxes en explotacións gandeiras”, con María Hermida, xefa de laboratorio en Laboratorio de Mouriscade, unha entidade sen ánimo de lucro da Deputación de Pontevedra que presta servizos gandeiros.
A última conferencia profundará na aplicación de conservantes no manexo do ensilado. Expón Mario García, director técnico de 3F Technology, compañía especializada en aditivos para alimentación animal.
Innovación
Doutra banda, Delagro entra no V Concurso de innovación tecnolóxica “Abanca GandAgro Innova 2017” con DELAGROS e MANDOS, ferramentas dixitais de desenvolvemento propio que permiten un sistema de control e monitoreo virtual de negocio para favorecer procesos de integración cooperativa. Ambas funcionan plenamente nas cooperativas Delagro, Agris e Icos e atópanse en proceso de implantación noutras entidades socias de Delagro.
DELAGROS, é un Sistema de Planificación de Recursos Empresariais flexible e adaptado a cooperativas gandeiras, con máis de 75.000 referencias a produtos habituais. Permite cubrir desde necesidades legais ata formulacións de produtos zoosanitarios adaptándose, mediante módulos, a distintas áreas de negocio. MANDOS é un cadro de mandos integral en tempo real con indicadores estatísticos de todas as áreas de negocio da empresa.
Na edición 2015 do Concurso, Delagro logrou unha Mención para Profer, programa de abonos á carta.
Lanzamento
Na súa caseta do recinto feiral, Delagro presentará Splendia, unha nova gama de fertilizantes para plantacións forestais, con formulacións específicas para varios tipos de arboledo. Splendia vén propiciada por coñecementos adquiridos durante o longo proceso de investigación —con entidades académicas e científicas— que xa dera lugar a Bisannia, liña de fertilizantes cuxas fórmulas son adaptables ás necesidades específicas de cada explotación.
Tamén na caseta mostraranse a gama de fertilizantes Arvum, dirixida a distribuidores, e contarán con produtos de Yara, prime fabricante mundial de abonos e partner de Delagro para distribución no noroeste peninsular. Delagro ofrecerá ademais demostracións de rendemento con maquinaria e plásticos de encintado.
Abanca Cimag-GandAgro 2017
A feira Abanca Cimag-GandAgro 2017, que na súa primeira edición o pasado ano recibiu centos de asistentes, conta entre as súas propostas con demostracións de maquinaria, presentacións de servizos, entidades e produtos así como concursos. Sitúase no recinto da Fundación Semana Verde, en Silleda, cun horario diario de apertura de 10:00 a 19:00 horas.
Consulte o programa completo de Xornadas de Delagro en “Documentación 1”




