- A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organiza a III Reunión de Outono os vindeiros 25 e 26 de novembro en San Román de Cervantes, no Concello de Cervantes (Lugo).
Nesta edición a Reunión de Outono centrarase no sector cárnico coas intervencións de Román Sánchez, xerente da Cooperativa A Carqueixa, Santiago Crecente, investigador do CIAM, e unha mesa redonda con experiencias de retorno de persoas mozas á actividade agraria da zona. O sábado realizaranse visitas a ganderías dos concellos de Becerreá e Cervantes.
Para asistir á reunión compre inscribirse a través de calquera das seguintes vías:
Teléfonos: 686 620 154 (Eloi Villada), 619 032 91 (Joan Alibés) ou 982 364 560 (CRD de Cervantes).
Correo electrónico: sgpf.galicia@gmail.com





