- Mañá ás 17:00 horas terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra a última das xornadas divulgativas para presentar “Responsabilízate”, programa da Xunta de asesoramento gratuíto en materia de responsabilidade social empresarial para pequenas e medianas empresas.
Na xornada intervirá, por unha banda, unha persoa técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, explicará de forma detallada “Responsabilízate”, o programa de asesoría personalizada en RSE que a Xunta de Galicia ofrece a pequenas e medianas empresas de xeito gratuíto. Unha persoa experta na materia acompañará a cada empresa desde a diagnose inicial e formación ata a implantación das primeiras medidas do plan de acción elaborado.
Por outra banda, unha persoa representante de Congalsa, de produtos conxelados, presentará ás iniciativas da empresa, que destaca pola súa aplicación de RSE.
As empresas interesadas en adherirse a este programa “Responsabilízate” poden presentar as súas candidaturas ata o 30 de setembro.
Inscrición en “Responsabilízate”




