- A especialista en cata de viños do Wall Street Journal, Lettie Teague, realizou recentemente un artigo no que recomendaba os viños da variedade albariña, que cualificou de “frescos, verdes e con toques minerais”.
Teague explicou tamén as condicións climáticas das subzona Rías Baixas: “No Salnés, o solo rochoso e granítico crea viños frescos e altamente acedos. Na rexión máis cálida do Condado do Tea, onde o solo e maioritariamente granito e lousa, os viños son máis suaves, coa acidez menos pronunciada e xeralmente maior contido alcólico”.
Entre os viños que se mencionan no artigo, atópanse dúas das adegas cooperativas de AGACA: Viña Moraima e Martín Códax.
Ver o artigo en inglés: http://www.wsj.com/articles/albarino-a-taste-of-coastal-spain-in-a-wine-glass-1467743225




