Redes de Intercooperación — “Las TIC en la educación: y, ahora, ¿qué?” — 11 febrero en Vigo
- A Consellería de Economía, Emprego e Industria potencia esta Rede de Intercooperación sobre as TIC nas cooperativas de ensino, enmarcada no programa iCOOPERA.
- Para favorecer o contacto e o establecemento de sinerxías entre os participantes terá lugar o 11 de febreiro no Colexio Possumus, de Vigo, a Xornada “As TIC na educación: e, agora, que?” que contará coa participación de expertos en manexo de TIC no ensino
As TIC supoñen unha valiosa ferramenta didáctica para difundir e reforzar os coñecementos do alumnado. Docentes e persoas relacionadas con educación e formación empréganas con crecente asiduidade polo que é importante que coñezan todo seu potencial pedagóxico, sen por iso obviar as problemáticas que poden derivar do seu uso.
O 11 de febreiro poderase contar coa perspectiva de persoas expertas en implantación de novas tecnoloxías nas aulas e pensamento computacional, aprendizaxe por proxectos, propiedade intelectual de contidos e programas así como de métodos para garantir a seguridade das persoas menores de idade no ámbito dixital.
O obxectivo da iniciativa é a análise e debate das necesidades e oportunidades das cooperativas de ensino no que respecta ás TIC, para conseguir o establecemento de sinerxías e redes de colaboración encamiñadas a optimizar o traballo e resolver problemáticas comúns.
Redes de Intercooperación iCOOPERA
As Redes de Intercooperación son conxuntos de cooperativas que traballan conxuntamente, transmitindo coñecementos, intercambiando servizos etc. para obter resultados compartidos e beneficiosos para todos os participantes. Isto permite un fortalecemento e enriquecemento do tecido cooperativo e a economía social.
Esta xornada “As TIC na educación: e, agora, que?” celébrase no marco das Redes de Intercooperación do proxecto iCOOPERA (Programa de promoción do cooperativismo mediante o impulso da I+D+i e a utilización das TIC, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria).
Poden consultar o programa completo en “Documentación 1”
Pregamos confirmar asistencia a info@ucetag.org ou chamando ao teléfono 986.866.149 (Roberto).
Data e hora: xoves, 11 de febreiro – 17:30 a 19:45 h.
Lugar: Colexio Possumus – r/Purificación Saavedra, nº 62, Vigo




