- A bodega renova a imaxe do seu Albariño Condes de Albarei cunha “imaxe fresca, moderna, sen esquecer as súas raíces, a súa esencia, a uva, símbolo que se incorpora á nova imaxe”
Condes de Albarei presenta nestas Festas unha nova imaxe no seu Albariño Condes de Albarei, todo un referente da Denominación de Orixe Rías Baixas.
O deseño “aposta pola modernidade, frescura, renovación na adega e posta en valor do traballo dos viticultores nos seus viñedos, o mimo á uva para que esta sexa da máxima calidade, fundamental para poder ofrecer a calidade do Albariño Condes de Albarei”.
A Bodega destaca que a incorporación do símbolo da uva é o cambio máis significativo “sendo esta a razón de ser de Condes de Albarei xunto coas persoas que día a día se esforzan para poder ofrecer un excelente albariño, co obxectivo de poder formar parte de experiencias únicas na vida daquelas persoas que elixen Condes de Albarei”.
Tamén se incorpora á etiqueta o gravado en dourado do nome da variedade da uva albariña. Esta tonalidade dourada “simboliza a elegancia do Albariño Condes de Albarei”. En canto á tipografía da marca, Condes de Albarei utilizará a partir de agora a cor verde como selo de identidade, volvendo así ás orixes onde a cor verde era a súa cor corporativa.
Esta renovación na imaxe de Condes de Albarei simboliza e quere poñer en valor a uva e as persoas que fan posible que o Albariño Condes de Albarei sexa elixido por moitas persoas para compartir en momentos moi especiais: “a mellor gratificación para todos os que nos atopamos detrás do Albariño Condes de Albarei”, segundo responsables da Bodega.




