
- O 28 de maio de 2026 terá lugar a xornada “Da terra ao liderado: Mujeres cooperativistas que cambian o rumbo. Compromiso co territorio”, que busca servir de estímulo a mulleres socias de cooperativas para que melloren a súa participación activa nas entidades das que son socias, alén de divulgar mecanismos da PAC para incorporación de mulleres, iniciativas de I+D+i e outras actividades neste sentido.
Esta xornada ten a súa orixe na imperiosa necesidade de seguir traballando para recoñecer o papel esencial das mulleres na base produtiva, pero tamén na aínda existente fenda nos espazos de decisión das cooperativas. As cooperativas agroalimentarias galegas son un motor de desenvolvemento da economía rural e o seu progreso está intrinsecamente ligado á integración equitativa das súas socias.
Pretende ser un centro de debate e decisión acerca das próximas accións a emprender baixo o paraugas das asociacións representativas das mulleres cooperativistas, para mellorar a participación activa das mulleres socias nas cooperativas agroalimentarias galegas, convertendo a participación plena nun obxectivo clave para a vitalidade e o futuro das devanditas entidades.
Esta xornada pretende apoiar estas accións, e servir de estímulo ás mulleres socias de cooperativas e, neste caso, de A Carqueixa S. Coop. Galega, para avanzar nesta liña, e poñer en valor o orgullo de ser agricultoras e gandeiras, con raíces no territorio e poñer de manifesto o seu compromiso para o seu desenvolvemento.
OBXECTIVOS DA XORNADA
– Facilitar a creación e mantemento de redes de apoio para as mulleres socias.
– Achegar ideas innovadoras para conseguir que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde nas súas cooperativas.
– Dar a coñecer os mecanismos da PAC que poden favorecer a incorporación das mulleres e axudar as súas explotacións.
PROGRAMA PREVISTO
09:30h Recepción de asistentes e recollida de firmas
10:00h Acto de presentación e contextualización da Xornada
- Mª Dolores Calvo Méndez. Presidenta da Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE)
- Carmen González González. Secretaria de A Carqueixa S.Coop.Galega
10:15h Mecanismos que ofrece a PAC para a incorporación das mulleres
- María José Bande Castro. Xefa de Área Servicios Agrarios en Oficina Agraria Comarcal de Becerreá
11:15 h Pausa/café
11:30h I+D+i para a vida das mulleres cooperativistas
- Ana Corredoira Vázquez. Gandeira, reconocida co Premio Extraordinario de Medioambiente en 2021, socia da cooperativa AS VACAS DA ULLOA e socia de AIRA S. Coop.Galega
13:00h Desprazamento ás instalacións do Centro de Transformación Ancares
13:15h Visita ás instalacións do Centro de Transformación Ancares. Iniciativas lideradas por mulleres socias
- Lucía González González. Técnica de A Carqueixa S.Coop.Galega
14:30h Peche clausura
- Mª Dolores Calvo Méndez. Presidenta da Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE)
- Mónica Herbón Díaz. Vogal de A Carqueixa S.Coop.Galega
14:30h Almuerzo/degustación productos de proximidad de la cooperativa A CARQUEIXA S.Coop.Galega.
Organiza![]() |
||
Subvenciona![]() |
||
| Colaboran | ||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |









