• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

As cooperativas rexeitamos a nova PAC

6 de Abril de 2026
in Blog
Necesidade de recuperar SAU
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A diferenza doutras empresas, nas cooperativas prima o interese xeral do colectivo fronte ao interese individual. Prima o control democrático da entidade exercido polas persoas socias, a política de portas abertas á entrada de novos membros e a redistribución dos resultados en proporción á actividade cooperativizada —que sempre quedan no territorio—, fronte ao peso do capital e o dividendo.

Sobre as cooperativas tamén pesan limitacións que non teñen outro tipo de empresas e que deben cumprir para manter a esencia cooperativa, como son as dotacións obrigatorias a fondos irrepartibles ou as restricións ás operacións con terceiros. Outras empresas non teñen estas trabas nin limitacións nas súas actividades coas persoas produtoras agrarias.

Unha cooperativa é unha empresa colectiva resultante da agrupación de centos, e incluso miles, de persoas empresarias agrarias individuais que se uniron para defender mellor os seus intereses económicos, captar valor engadido do mercado e dar seguridade ás persoas agricultoras socias. Isto produce un efecto regulador no mercado, tanto nas súas producións como na compra de insumos. Que sería das persoas agricultoras sen as cooperativas?

Un euro de axuda a unha persoa empresaria individual supón un apoio proporcionalmente moito maior que un euro de axuda a unha cooperativa formada por moitas persoas socias.

As cooperativas permiten optimizar os recursos económicos destinados ás axudas públicas. Mentres que a empresaria individual accede ás axudas para o seu lexítimo beneficio propio, na cooperativa

—aínda accedendo a maiores importes de axuda pública— as persoas beneficiarias son moitas (ata miles) agricultoras socias, pequenas persoas empresarias agrupadas arredor dunha empresa en común. Un euro de axuda a unha persoa empresaria individual supón un apoio proporcionalmente moito maior que un euro de axuda a unha cooperativa formada por moitas persoas socias. Por iso, deben incentivarse de maneira reforzada os proxectos desenvolvidos polas cooperativas, con porcentaxes superiores a outros tipos de empresas.

Os requisitos e ferramentas xerais da futura Política Agraria Común (PAC) deben ter en conta esta realidade, aspecto que agora non se contempla. Dende AGACA e as cooperativas galegas defendemos contundentemente que o modelo cooperativo sexa apoiado no marco da futura PAC 2028-2034. Preocúpanos moito a inseguridade sobre a continuidade da medida de investimentos industriais (actualmente no segundo piar) e das liñas de investimentos industriais establecidas nas intervencións sectoriais do viño, froitas e hortalizas. Tamén nos preocupa que non se conceda prioridade aos investimentos en industrias cooperativas, tal como se contempla na actualidade.

Posiblemente as intervencións sectoriais a través de programas operativos son a mellor ferramenta para favorecer os investimentos responsables, buscar un maior impacto dos fondos públicos e adaptar o sector produtor aos retos de futuro, xa que terán un efecto directo sobre a mellora da rendibilidade dos propios agricultores. Neste sentido, apoiamos a ampliación das intervencións sectoriais a sectores clave en Galicia, como o lácteo, o vacún de carne e o cunícola.

A Comisión Europea debe rectificar a proposta da PAC e impulsar a economía das persoas agricultoras fronte ao capitalismo das accionistas.

A Comisión Europea debe rectificar a proposta da PAC e impulsar a economía das persoas agricultoras fronte ao capitalismo das accionistas. Debe, incluso, axudar a formar e incentivar ás persoas produtoras sobre os beneficios e os medios de participación nos negocios colectivos que os fortalecen e proporcionan seguridade e estabilidade fronte á volatilidade do capital.

 

Ler revista completa:

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}