— Bonos Activa comercio. Ata 15/12/2026

Información da axuda

Activa

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orden completa na ligazón “web”.

— ORDE de 12 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á apertura do prazo para a adhesión dos comercios. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG 57. 26/03/2026). 

OBXECTO 

O obxectivo do programa bonos Activa comercio é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

O código de procedemento é CO301B

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

Por medio desta orde subvencionarase a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa, así como a prestación dos correspondentes servizos no caso das epígrafes do IAE 972.1 (peluquería) e 972.2 (salóns e institutos de beleza).

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos. Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

ALTA E REQUISITOS DOS COMERCIOS PARA A ADHESIÓN AO PROGRAMA

Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:

– Nome e apelidos ou razón social.
– Establecemento comercial en Galicia.
– NIF.
– Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
– Nome comercial.
– Enderezo do establecemento comercial.
– Número de teléfono móbil.
– Correo electrónico.
– IAE principal (incluído no anexo I).
– IBAN da conta bancaria.
– Páxina web do establecemento comercial.

A adhesión ao programa bonos Activa Comercio será única para todas as edicións do programa que se convoquen no ano 2026.

Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
  2. Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas, de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
  3. Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

PRAZO DE ADHESIÓN PARA OS COMERCIOS

O prazo de adhesión comprenderá desde o 27 de marzo ata o 15 de decembro de 2026 ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito da última edición convocada.

VIXENCIA DO PROGRAMA

O programa bonos Activa comercio estará vixente ata o 31 de decembro de 2026.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DOS BONOS

Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información: nome e apelidos, maioría de idade, DNI ou NIE, localidade de residencia, número de teléfono móbil e correo electrónico.

A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos.

  • Facebook
  • Twitter