— Investimento en actividades empresariais de diversificación agraria. Ata 19/02/2026

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN de 30 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimentos en actividades empresariais para a diversificación agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto. Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (DOG Nº 11, 19/01/2026). 

OBXECTO

O obxecto desta resolución é establecer as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos, e convocar as correspondentes ao ano 2026.

Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia competitiva.

O código de procedemento é MR708A

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias destas subvencións:
a) As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2025.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural: traballadores por conta propia con anterioridade ao 1 de setembro de 2025.
c) Titulares dunha explotación agraria ou membros da sua unidade familiar ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Non poderán ser beneficiarios:
– As empresas que realicen actividades económicas excluídas pola normativa aplicable en materia de axudas de estado (Regulamento (UE) núm. 2023/2831-Regulamento de minimis):
– A produción primaria de produtos da pesca e acuicultura.
– A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES

a) Á adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostalaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico) e restauración.
4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade,…).
5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas
6º) Artesanía e actividades artesanais.
7º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º) Comercio polo miúdo.

Os proxectos non deberán estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda, deberán desenvolverse no territorio de Galicia e ser viables técnica, económica e financeiramente.

CUSTOS SUBVENCIONABLES

O investimento proxectado deberá acadar algún dos seguintes obxectivos:
1º. Aumentar a competitividade da empresa.
2º. Reducir os custos.
3º. Aumentar o valor engadido.
4º. Reducir o impacto ambiental.
5º. Mellorar a rastrexabilidade e seguridade das producións.
6º. Diversificar as producións e/ou os mercados.
. Mellorar a calidade das producións.
8º. Implantar novos produtos, procesos ou tecnoloxías.
9º. Mellorar a comercialización das producións.

Os proxectos deben contar cun orzamento mínimo de 20.000 € e máximo de 300.000 €

Será subvencionable a compra de bens de equipamento novos afectos á actividade empresarial, quedando excluídos:
a) Material funxible
b) Envases e embalaxes
c) Maquinaria agrícola e/ou forestal.
d) Reposición de bens de equipo existentes.
e) Equipamento de calefacción, climatización e ventilación
f) Traídas e acometidas de servizos
g) Bens de equipo e materiais de segunda man
h) Bens de equipo destinados a alugamento
i) Equipamentos informáticos de oficina, licenzas informáticas, software en xeral.
j) Deseño e actualización de páxinas web.
k) Vehículos de transporte exterior, vehículos especiais agrícolas, vehículos especiais de obra, máquinaria para movemento de terras, produción e transporte de formigón e perforación, pilotaxe e compactación.
l) Instalacións, mobiliario, útiles e ferramentas.
m) Investimentos non axustados ao dimensionamento da empresa.
n) Investimentos non relacionados coa activiade empresarial da entidade.
o) Gastos de alugamento de instalación ou equipamentos.
p) Man de obra propia e materiais de igual procedencia.
q) Adquisición de terreos
r) Taxas por licencias administrativas.
s) IVE
t) Xuros
u) Conceptos sen desagregar (“outros” ou partidas a tanto global)

CONTÍA DAS AXUDAS

A contía da axuda será do 50% dos gastos subvencionables.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Será preciso acadar un mínimo de 30 puntos
a) Criterios en función da localización do proxecto: ata 20 puntos.
– En función da taxa de evolución interanual de poboación do concello: entre 0-5 puntos
– En función se o proxecto se desenvolve en zonas de montaña: 7,5 puntos
– En función se o proxecto se desenvolve en concellos emprendedores: 7,5 puntos

b) Criterios en función da tipoloxía do promotor do proxecto: ata un máximo de 15 puntos.
– Proxectos promovidos por mulleres ou persoas xurídicas en que os titulares sexan mulleres en porcentaxe igual ou superior ao 50% do capital social: 5 puntos.
– Proxectos promovidos por menores de 35 anos ou persoas xurídicas en que os titulares sexan menores de 35 anos en porcentaxe igual ou superior ao 50% do capital social: 5 puntos.
– Proxectos promovidos por persoas con discapacidade ou persoas xurídicas en que os titulares sexan persoas con discapacidade en porcentaxe igual ou superior ao 50% co capital social: 5 puntos.
– Proxectos promovidos por persoas físicas suxeitas ao RETA: 5 puntos.
– Proxectos promovidos por entidades de economía social: 5 puntos.
– Proxectos promovidos por emigrantes retornados ou persoas xurídicas en que os titulares teñan esa condición, nunha porcentaxe igual ou superior ao 50% do capital social: 5 puntos

c) Criterios en función do ámbito de actuación: ata un máximo de 25 puntos.
– Transformación e/ou comercialización de produtos agroalimentarios: 15 puntos (+5 puntos se se dispón de certificación de produción ecolóxica)
– Diversificación económica cara a actividades non agrícolas en explotacións agrarias: 15 puntos.
– Artesanía alimentaria: 10 puntos
– Servizos sociais e atención á infancia: 10 puntos
– Proxectos de economía e bioeconomía circular: 10 puntos

d) Empresas nas que concurran as seguintes circunstancias: ata 12,5 puntos
– Empresas que teñan a consideración de innovadoras: 10 puntos
– Empresas con certificación en sistemas de xestión de calidade, xestión ambiental, responsabilidade social, certificación galega de excelencia en igualdade, dispor de plan de igualdade depositado no Regcon: 5 puntos
– Empresas de recente creación (creación posterior ao 01/01/2023): 5 puntos
– Pertenza a asociación profesional: 2,5 puntos
– Non ter recibido axudas da AGADER: 2,5 puntos

e) Criterios en función dos empregos existentes: ata 7,5 puntos

RÉXIME DE MINIMIS

As axudas que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.

PRAZO DE EXECUCIÓN

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 15 de outubro de 2026.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 20 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter