RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2026), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Instituto Galego de Promoción Económica (DOG Nº 10, 16/01/2026).
OBXECTO
Estas bases regulan as condicións e o procedemento de tramitación do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas, que se desagrega nas liñas de financiamento específicas Estas axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva.
O código de procedemento é IG408B.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as empresas e autónomos con centro de traballo en Galicia, con alomenos 1 traballador por conta allea.
Tamén deberán estar de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización cun informe positivo.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Custos directos:
1.Accións de promoción internacional: alugueiro de espazos e/ou stand, entradas, montaxe e desmontaxe de stand, gastos de envío de mostras sen valor comercial e catálogos, gastos de asistencia externa en destino e organización de axendas, gastos de intérpretes, gastos de viaxe e aloxamento.
a. Participación como expositor en feiras
b. Participación activa noutros eventos expositivos de carácter internacional.
c. Misións comerciais directas
d. Misións comerciais inversas
2. Competitividade internacional: compra de espazos publicitarios e inserción de anuncios en papel ou dixitais en medios de comunicación ou en catálogos, gastos de elaboración de catálogos, servizos de consultoría para a elaboración de documentos destinados a descubrir novos mercados internacionais, gastos de consultoría para accións de seguemento de contactos ou clientes existentes no extranxeiro, gastos de asistencia para a xestion de acordos comerciais internacionais, servizos de traducción de documentación.
3. Internacionalización dixital e e-commerce: creación de novas tendas en liña ou adaptación das existentes para promover a venda en mercados internacionais, creación e adaptación de catálogos en liña para o marketing tanto B2B como B2C, campañas de inboud marketing internacional, solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con KPI.
Custos indirectos: tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables.
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía das axudas será a suma de:
– 70% dos custos directos subvencionables (mínimo 3.500 €)
– 100% dos custos indirectos.
Límites das axudas:
| Acción | Importe máximo por acción | Importe total máximo por empresa |
|---|---|---|
| Promoción internacional | 100.000 € conxuntamente | 150.000 € |
| Competitividade Internacional | ||
| Dixitalización para a internacionalización | 50.000 € |
RÉXIME DE MINIMIS
As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.
PRAZO DE EXECUCIÓN
O prazo de execución comezará o 1 de xaneiro de 2026. O proxecto obxecto da axuda non poderá estar completamente executado (data da última factura) no momento de presentar a solicitude.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto dende o 26 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2026.



