-
- O 5 de decembro de 2025 comeza o curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”, que se pode seguir online. Conclúe o 18 de xaneiro de 2026.
- A inscrición pode realizarse nesta ligazón.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor formativo, a distancia e gratuíto, relacionado coa calidade alimentaria, a preservación do medio ambiente e a divulgación do rol do cooperativismo.
A 1ª edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en cualquera momento.
O número de prazas é limitado, polo que cómpre inscribirse completando este formulario.
O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas entre o 5 de decembro e o 18 de xaneiro de 2026.
PROGRAMA:
| Unidad | Denominación | Nº Horas | Módulos |
| I | Cooperativismo no sector primario | 10 horas | 1. As cooperativas |
| 2. Marco legal do cooperativismo | |||
| II | Certificacións de calidade | 40 horas | 3. ISO 9001 |
| 4. Certificacións en vacún de leite | |||
| 5. GLOBAL GAP | |||
| 6. BRC/IFS | |||
| 7. ISO 22000 | |||
| III | Certificacións ambientais | 20 horas | 8. ISO 14000 (14063, 14067…) |
| 9. Análise de ciclo de vida | |||
| 10. Pegada de carbono | |||
| 11. Pegada hídrica |
Pode solicitar más información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.





