Estamos fartos de escoitar que para reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) hai quereducir a gandería, e o xeito de reducir a gandería é consumir menos proteínas animais. A simplifica ción do discurso non debería evadir unha análise en profundidade do cambio da dieta na emisión dos GEI. Recentemente apareceu un estudo de Joint Research Centre (JRC), publicado en Agricultural Systems, que manifesta que dietas con máis vexetais poden non dar lugar a menos emisións netas de GEI, xa que afectan ao almacenamento do carbono orgánico no solo e aumentan as emisións netas.
Incrementar o consumo de verduras, froitos, grans enteiros, legumes e froitos secos; xunto cun menor consumo de carne de aves e pescado e unha forte redución da carne roxa dos alimentos procesados (a dieta EAT-Lancet) non ten por que reducir os GEI.
O estudo demostrou que reducir o número de vacas podía incrementar os GEI: menos gando, máis emisións. Unha dieta con máis vexetais conduciría a un país como Dinamarca a perdas significativas de carbono e a un aumento nas emisións, por unha menor disposición de esterco animal como fertilizan te natural, o que reduce a produción de material orgánico que doutro xeito se almacena parcial mente no solo. Pasar dos pasteiros a terra cultivable tamén incrementa as emisións. Por iso, nos estudos feitos sobre a presenza de CO2 nos solos en España, compróbase que Galicia multiplica por cinco de media, o carbono presente en terras oliveiras do sur, por exemplo.
Por tanto, non deben medirse so as emisións de CO2 equivalente das vacas, senón que tamén se deben contabilizar as emisións de CO2 do solo, xa que compensan os beneficios da adopción dunha dieta vexetal. Debe coñecerse que os efectos secunda rios dunha redución de animais é unha estratexia limitada para reducir as emisións globais alterando o panorama xeral. A redución do consumo de produtos a base de animais ten efectos negativos non desexados no solo que poden dar lugar a un incremento das emisións dos GEI dos mesmos.
As políticas que algúns promoven para reducir o consumo de produtos animais deberían considerar o aumento potencial da demanda de produtos vexetais noutros países para satisfacer a demanda mundial. Isto implica que a diminución da produción gandeira nun país podería compensarse con incrementos das emisións doutros, o que daría lugar a maiores emisións netas de GEI en todo o mundo.
Debemos facer fincapé en que os estudos futuros deben abarcar todas as emisións de GEI do sistema alimentario cun enfoque máis integrado, tendo en conta as interaccións entre a dieta, o uso da terra, os fertilizantes e as prácticas agrícolas.
As estratexias específicas como a mellora da xestión de fertilizantes e o secuestro de carbono poderían axudar a mitigar os efectos negativos das emisións do solo.
Por iso, a gandería pode desempeñar un papel clave nestas prácticas, como a incorporación de esterco animal, agrosilvicultura e pastoreo rotativo, contribuíndo positivamente á loita contra o cambio climático. As correntes ideolóxicas en torno á alimentación humana e aos animais deberían achegarse á evidencia científica e apartar o dogmatismo para non xerar danos ao planeta e confusión aos consumidores.




