RESUMO ELABORADO POR AGACA
Puede consultar/descargar este resumo da Subvención en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Subvención completa na ligazón “web”.
— Subvención ao mantemento do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e persoas autónomas no ano 2026 (PEL-PEMES MANTEMENTO 2026). BOP 216 (11/11/2025)
PERSOAS SOLICITANTES
As pequenas empresas, microempresas ou persoas autónomas beneficiarias da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025, que realizaron a contratación indefinida inicialmente ou a transformaron a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2026.
CONTÍA
Ata un máximo de 11 000 euros no caso de contrato indefinido a xornada completa dun colectivo vulnerable (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menos de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional).
Ata un máximo de 10 000 euros no caso de contrato indefinido a xornada completa sen colectivo vulnerable.
O crédito inicial dispoñible para o total das axudas é de 1 200 000 euros.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
O mantemento do posto de traballo indefinido creado na convocatoria anterior de PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025.
Ata o 50 % dos custos salariais, de Seguridade Social e outros gastos sociais da contratación laboral dunha persoa traballadora a xornada completa o parcial durante 12 meses (de xaneiro a decembro de 2026)..
CONCESIÓN DAS AXUDAS
Por concorrencia competitiva: valóranse e ordénanse as solicitudes segundo os criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras destas subvencións e concédense ata o esgotamento do crédito.
PAGO
Unha vez realizados os gastos e presentada a xustificación na plataforma SUBTeL.
PRAZO DE JUSTIFICACIÓN
O período subvencionable abranguerá dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026. O prazo para a xustificación dos gastos será ata o 28 de febreiro de 2027.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de solicitudes vai dende o 15 de novembro (09:00) ao 16 de decembro de 2025 (14:00).



