– Xornada formativa sobre pegada de carbono e cooperativas

Información del curso

  • Agaca e Rede Eusumo
  • 30/10/2025
  • 30/10/2025
  • 5
  • teleformación

A Asociación Gallega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza o xoves 30 de outubro a xornada online ‘Pegada de carbono e cooperativas’, unha cita formativa que permitirá ás persoas participantes coñecer os avances na descarbonización agraria e gandeira e a realidade que deben coñecer sobre a pegada de carbono e os créditos do carbono.

Esta actividade é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

Está dirixida a persoas directivas de cooperativas agroalimentarias e da economía social, profesionais dos sectores cooperativos afectados como veterinaria, agrónomos, titulares de explotacións, responsables de Tis, asesorías, empresas de servizos, así como a mulleres socias, mocidade maior de 18 anos e menor de 35 anos e persoas socias de cooperativas interesadas en avanzar nun modelo produtivos máis sostible.

A lo longo da mañá intervirán especialistas en sostibilidade, innovación e benestar animal para analizar as oportunidades que ofrece a agricultura do carbono, a situación actual da dematose nodular contaxiosa e o impacto do proyecto PROALIS no sector agrogandeiro galego.

Programa previsto

09:30 – Conexión e presentación da xornada
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA

10:00 – A perspectiva do sector agrario ante a agricultura docarbono e os créditos do carbono
Juan Sagarna. Director de Sostibilidade, Calidade e Innovación de Cooperativas Agro-alimentarias de España

10:40 – SICLE CO2 Mercado voluntario de carbono de Galicia: oportunidade para as explotacións agrarias
María Mejuto. Xefa do Servizo de Loita contra o cambio climático da Consellería de Enerxías Renovables e Cambio Climático
César Pérez Cruzado. Asesor técnico en materia de cambio climático da Consellería de Enerxías Renovables e Cambio Climático

11:40 – Dermatose Nodular Contaxiosa. Situación actual e medidas preventivas
Jesús Javier Orejas. Xefe do Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia

12:25 – Benestar animal: resultados agregados das explotacións galegas de vacún
Víctor Coira. Responsable de Calidade de AGACA

12:50 – Compromiso coa redución do 30 % das emisións no ano 2030 nas cooperativas lácteas de España
María del Carmen Pertiñez. Técnica de Sostibilidade e Innovación de Cooperativas Agroalimentarias de España

13:35 – Plan de traballo sobre la sostibilidade do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga). Atención especial ao alcance 3 (produción agrogandeira) PROALIS
Perla Ferrer. Coordinadora da área de Sostibilidade e Economía Circular do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga)

14:10 – Datos necesarios para facer o cálculo da pegada de carbono dunha explotación gandeira
Víctor Coira. Responsable de Calidade de AGACA

14:30 – Clausura da xornada
Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA

XORNADA FORMATIVA

Os objectivos desta xornada son aportar información actualizada sobre os avances na descarbonización agraria e gandeira, afondar nos datos sobre benestar animal no vacún de leite en Galicia destacando os retos de mellora nas explotacións e a súa relación directa coa reducción da pegada de carbono. Ademais, tamén se abordará o alcance 3 do proxecto PROALIS, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, analizando de que maneira pode influír na produción primaria e nas estratexias de sostibilidade do sector agrogandeiro.

A xornada é de de acceso libre previa inscripción.

Para máis información puede llamar al 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter