• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Asociacións galegas reclaman flexibilidade para pequenos produtores ante a entrada en vigor de novas normativas

17 de Outubro de 2025
en Novidades
Asociacións galegas reclaman flexibilidade para pequenos produtores ante a entrada en vigor de novas normativas
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

• AGACA, AGOAAP, PROECOGAL e Slow Food Compostela alertan do impacto da factura electrónica obrigatoria e do Regulamento Europeo de Envases sobre o tecido artesanal e agroalimentario.
• As entidades propoñen unha moratoria ampla, axudas á dixitalización e medidas específicas para non afogar económicamente ao medio rural.
• As organizacións xa trasladaron estas preocupacións á Presidencia da Xunta de Galicia, á Delegación do Gobierno e aos ministerios de Facenda e Transición Ecolóxica.

As asociacións Slow Food Compostela, a Asociación Galega de Operadoras Artesanais de Alimentación e Pensos (AGOAAP), a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Asociación de Produtoras e Produtores de Ecolóxico de Galiza (PROECOGAL), amosan a súa preocupación ante a entrada en vigor da factura electrónica obrigatoria e o novo Regulamento Europeo sobre envases e residuos de envases, ao considerar que supoñen un risco real para a continuidade do pequeno tecido produtor e transformador.

Estas entidades, que representan a operadores agroalimentarios artesáns e cooperativas, advirten de que as novas obrigas normativas afectan de forma directa e negativa a un modelo sostible, artesanal e de proximidade.

As catro organizacións xa trasladaron estas preocupacións á Presidencia da Xunta de Galicia, á Delegación do Goberno e aos Ministerios de Facenda e Transición Ecolóxica, co obxectivo de abrir un diálogo institucional e solicitar medidas de adaptación realistas que teñan en conta as limitacións do rural galego.

Factura electrónica: dificultade de adaptación no rural

A implantación da factura electrónica, recollida na Lei Crea e Crece, obrigará a emitir e recibir facturas dixitais, conservar rexistros durante anos e empregar unicamente software homologado. A norma contempla sancións que poden superar os 50.000 euros por uso de sistemas non certificados ou por incumprimentos na privacidade e seguridade.

O impacto será especialmente grave nas pequenas empresas e explotacións situadas en contornos rurais, que adoitan carecer de recursos, persoal técnico ou conexión estable a internet. A todo isto súmase a entrada en vigor do sistema VeriFactu, que prohibirá expresamente o uso de programas como Word ou Excel a partir de 2026.

Regulamento de envases: unha carga inasumible para as pequenas produccións

No ámbito da sustentabilidade, as entidades tamén denuncian as esixencias do novo Regulamento Europeo sobre envases (PPWR), que impón trazabilidade individualizada, deseños multilingües e sistemas de retorno, o que supón un elevado custo económico para quen produce en lotes pequenos. Ademais, sinalan a existencia de solapamentos co marco normativo estatal, xerando duplicidades, inseguridade xurídica e custos administrativos adicionais.

“Non rexeitamos avanzar cara a dixitalización nin a mellora ambiental, pero esiximos que se faga con sentido común, tendo en conta a realidade do pequeno produtor. As novas normativas están pensadas para a industria, pero aplicadas sen matices poden levar ao peche de proxectos locais que levan anos traballando con criterios sostibles e cun forte compromiso co territorio”, asegura Leonor Lorenzo, presidenta de Slow Food Compostela.

Dende Slow Food Compostela, AGOAAP, AGACA e PROECOGAL, lembran que moitas destas pequenas produtoras e produtores xa manteñen prácticas respectuosas co medio ambiente, xerando pouco residuo e combatendo o desperdicio alimentario. Por iso, consideran contraditorio que normativas pensadas para mellorar a sustentabilidade poidan acabar afogando economicamente a quen leva anos traballando con ese obxectivo.

Propostas para garantir a viabilidade do sector

As entidades solicitan:

  • Unha aplicación gradual e adaptada das novas normativas, con períodos de transición realistas.
  • Exencións ou reducións de taxas para operadores de baixa facturación e produción local.
  • Formación, apoio técnico e axudas económicas para facilitar a adaptación, sen que supoña máis burocracia.
  • Claridade normativa e harmonización entre as esixencias europeas e Investimentos en infraestruturas dixitais que garantan conexión fiable no rural.
  • Unha diferenciación clara entre industria e pequenos elaboradores nos distintos marcos legais.

As asociacións asinantes lembran que os pequenos produtores e produtoras representan un modelo esencial para o futuro do rural galego, que garante alimentos de calidade, relación directa coa contorna e equilibrio territorial. Por iso, urxen solucións proporcionadas que non penalicen quen leva décadas traballando dende a sostibilidade e a proximidade.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.