- O 9 de outubro terá lugar unha nova sesión do ciclo 2025 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada ao cultivo de oliveiras.
- A inscrición é gratuíta.
- Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 9 de outubro de 2025 terá lugar unha xornada dedicada ao cultivo de oliveiras, de 09:30 a 14:30 horas. É a undécima destas xornadas organizadas para dar a coñecer sectores que poden supoñer unha oportunidad de negocio no medio rural.
A sesión celebrarase online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.
Ao longo da mañá, especialistas e profesionais do sector ofrecerán información técnica e práctica sobre o cultivo de oliveiras en Galicia, abordando aspectos productivos, oportunidades de mercado e experiencias neste ámbito.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida ás persoas participantes.
Higinio Mougán. Director-Xerente de AGACA
10:00 – Axudas para froiteiras no futuro ‘mosaico’ do territorio galego: castañas, mazás, cereixas, olivas etc
César Iglesias. Director Fundación IN&FIAR
10:30 – Situación das oliveiras en Galicia e necesidades para o seu impulso.
Alfonso Rodríguez. Presidente da APPAG
11:00 – Potencial das oliveiras en Galicia.
Pablo González. Comunidade de Montes Veciñais de Río Lor Esquerda
Xaqui Martínez. Técnico Martín Códax
11:30 – Breve descanso.
11:40 – Requisitos técnicos e boas prácticas no cultivo de oliveiras en Galicia.
Marta Maghallaes. Técnica de Proligal e do GO Oligalicia
12:30 – Modelo cooperativo na explotación de oliveiras en Portugal.
Francisco Vilela. Presidente da Cooperativa de Murça (Portugal)
13:00 – Experiencias produtivas e transformadoras do cultivo de oliveiras.
Miguel Rodríguez. Olivicultor e propietario de CentoxCento
13:30 – Traballos desenvoltos por Grupo Operativo Oligalicia.
Lucio García. Director Investigación CETECA
Xoan Couto. Olivicultor de Proligal
14:15 – Pasos para impulsar o sector das oliveiras en Galicia.
Martín Alemparte. Director do AGACAL
14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural no entorno das cooperativas.
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias e a todas aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




