– Xornada Formativa de Oportunidades de Negocio: Produción de mazá de sidra

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • https://agaca.coop/g...
  • 17/09/2025
  • 17/09/2025
  • 5
  • teleformación
  • O 17 de setembro terá lugar unha nova sesión do ciclo 2025 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción de mazá de sidra.
  • A inscrición é gratuita.
  • Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 17 de setembro de 2025 terá lugar unha xornada dedicada á produción de mazá de sidra, de 09:30 a 14:30 horas. É a décima de estas xornadas organizadas a dar a coñecer sectores que poden supoñer unha oportunidade de negocio no medio rural.

A sesión celebrarase online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

A lo longo da mañá, especialistas e profesionais do sector frutícola ofrecerán información técnica e práctica sobre o cultivo de mazá de sidra en Galicia, abordando aspectos produtivos, oportunidades de mercado, sostibilidade e innovación.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida ás persoas participantes.
Higinio Mougán. Director-Xerente de AGACA.

10:00 – Selección de variedade de mazá e a súa adaptación ao clima e chan.
Enrique Dapena. Programa de Fruticultura SERIDA.

10:40 – A produción, manexo, mecanización e produtos elaborados coa mazá galega.
Xosé A. Meijide. Investigador do CIAM.

11:30 – Breve descanso.

11:45 – A cadea alimentaria, contratos e custes de produción.
Miguel López Sieiro. Subdirector Xeral de Coordinación da PAC, da Cadea e Calidade Alimentaria.

12:30 – Sostibilidade e prácticas ecolóxicas no cultivo de mazá.
Marcos Vázquez Marey. Casa de Vázquez MUVICLA.

13:00 – Experiencias na produción e comercialización de mazá de sidra en Galicia.
Jesús Rodríguez Raposo. Produtor de Alfoz.
José Antonio López Pampín. Produtor de A Estrada.

14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura da xornada.
Higinio Mougán.  Director-Xerente de AGACA.

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que suma 12 xornadas en total, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias e a todas aquelas vinculadas coa economía social.

Para máis información puede llamar al 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta coa financiación do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter