RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da ORDEN en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a ORDE completa na ligazón “web”.
— ORDEN do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas que sufrisen danos persoais como consecuencia dos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025. Consellería de Facenda e Administración Pública. DOG 166 (30/08/2025)
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, así como proceder á convocatoria, das axudas polos danos persoais causados polos incendios que se produciron en Galicia no verán de 2025 (falecemento, incapacidade permanente absoluta, lesións que motiven a hospitalización da persoa ferida)
Código de procedemento: FA100A
PERSOAS BENEFICIARIAS
– No caso de incapacidade permanente absoluta ou lesións que causen a hospitalización: as propias persoas.
– No caso de falecemento:
a) A persoa cónxuxe da persoa falecida, se non estivese separada legalmente, ou a persoa que viñese convivindo coa persoa falecida de forma permanente, con análoga relación de afectividade á de cónxuxe, durante, polo menos, os dous anos anteriores ao momento do falecemento, salvo que tivesen descendencia; neste caso abondará a mera convivencia.
b) As fillas ou fillos das persoas falecidas que cumpran os requisitos para poder aplicar o mínimo por descendentes segundo a normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
c) Na falta das persoas mencionadas nas letras a) e b), as restantes fillas ou fillos das persoas falecidas.
d) Na falta das persoas mencionadas anteriormente, serán beneficiarias as persoas proxenitoras da persoa falecida.
e) Na falta das persoas mencionadas nas letras a), b), c) e d), serán beneficiarios as/os irmás/ns da persoa falecida, que acrediten a convivencia coa persoa falecida durante os dous anos anteriores ao falecemento.
CONTÍA DA AXUDA
a) 87.700 euros para os casos de falecemento e incapacidade permanente absoluta.
b) Para os casos de lesións que causasen ingreso hospitalario, outorgarase unha axuda de 120 euros por día de hospitalización.
PRAZO DE SOLICITUDE
Dende o 1 de setembro de 2025 ata o 1 de outubro de 2025.
De non ser así, o prazo comezará a contarse desde que se determinen, ben co falecemento, ben coa declaración da incapacidade permanente absoluta, ben coa finalización da hospitalización, tendo como límite o 31 de decembro de 2026.



