• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

O ano 2025 declarado pola ONU como Ano Internacional das Cooperativas

Publicado en Cooperación Galega - Número 173 Maio 2025

3 de Xullo de 2025
in Blog
O Parlamento galego le a Declaración do Cooperativismo Galego polo Ano Internacional das Cooperativas 2025
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o ano 2025 como Ano Internacional das Cooperativas, baixo o lema: “As cooperativas constrúen un mundo mellor”. ¿De que falamos cando citamos ás cooperativas en Galicia? ¿Como é o cooperativismo en Galicia? Moitas, seguro que moitas preguntas poden facerse as persoas galegas que coñecen pouco as cooperativas, que non acaban de ver onde están e quen son as cooperativas galegas. Se a ONU declarou 2025 como o Ano Internacional das Cooperativas, será porque as cooperativas agochan calidades boas para a sociedade que as fan boas para a humanidade.

A implantación real no territorio das cooperativas agrarias galegas

Hai unha diferenza esencial entre as cooperativas e outros tipos de sociedades e empresas. As primeiras son unha ferramenta socioeconómica que ten por finalidade axudar e atender as necesidades no ámbito económico e social dunha persoa na súa actividade, no noso caso agraria e/ou gandeira. A finalidade sempre é que as súas persoas socias teñan unha mellor posición económica e social, e que a cooperativa achegue servicios de calidade como empresa da que a persoa socia forma parte, consolidándose un proxecto empresarial ao redor da persoa, dos servizos recibidos e a súa actividade económica ou social.

As estimacións reflicten unha facturación, das cooperativas, duns 1500 millóns de euros en 2024 sen contemplar as facturacións entre cooperativas. Trátase dunha facturación consolidada entre as cooperativas de primeiro e segundo grao.

A dimensión real do cooperativismo agrario galego

Máis difícil é a estimación da importancia económica das sociedades de capital que son propiedade das cooperativas, gobernada e controladas polas cooperativas e que reparten beneficio con elas. Segundo as estimacións de AGACA, as sociedades de capital con maioría de capital propiedade dunha ou de varias cooperativas directa ou indirectamente, superan os 700 millóns de euros de facturación. Non dispoñemos de datos para estimar a facturación consolidada de cooperativas e sociedades de capital da súa propiedade. A simple suma de facturación supera os 2300 millóns de euros. Sabemos que o número de sociedades de capital activas propiedade, controladas e gobernadas polas cooperativas superan amplamente o medio centenar e que o cadro de persoal nestas sociedades de capital está no contorno do 50 % dos máis de 6000 traballadores e traballadoras dos grupos cooperativos galegos.

Máis de 180 millóns de euros é o importe dos salarios do cadro de persoal, a maioría asentado en pobos rurais da Galicia interior despoboada. Empregos de calidade, con maior estabilidade que a media, vinculados co medio e a implantación e produción agraria no rural, coidando da economía, tradicións e cultura. Relacionado, temos o emprego indirecto, moi vencellado coa actividade agrícola e gandeira: o transporte, os talleres, os servizos profesionais, os comerciais e mesmo a restauración. A actividade agrícola e gandeira ten moita relación coa actividade loxística: millóns de toneladas de penso, de leite, movemento de animais, de canais, de produtos de horta etc. Atopámonos con cooperativas onde as persoas que traballan en empresas dando servizos loxísticos exclusivos á entidade chegan a superar en número ás persoas que traballan na propia cooperativa.

As cooperativas sofren unha omisión ou falta de atención estatística que resta visibilidade e presenza na sociedade e limita a súa presencia e consideración como noticia nos medios de comunicación.

Os datos do último informe Ardán, editado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, non recolle os datos e o impacto económico das cooperativas, ao non acceder aos datos do Rexistro de Cooperativas de Galicia. Cando os xornalistas locais avalían a marcha das empresas dun entorno concreto esquecen as cooperativas. Por exemplo, un coñecido medio de comunicación publicou o 13 de abril os datos do ano 2023 das maiores empresas da provincia de Lugo e non cita as dúas principais cooperativas da provincia: Aira, en 2023 facturou 203,6 millóns de euros. Ou mesmo a Cooperativa Lemos superou os 36 millóns de euros de facturación e tampouco aparece no informe. Curiosamente as sociedades de capital si aparecen no mesmo informe. Aparece, no posto oitavo, Celega propiedade maioritaria da cooperativa Lemos, que facturou 89,8 millóns de euros. Aira está entre os dez maiores xeradores de emprego da provincia, pero nin se cita na relación das cincuenta máis grandes. E así poderíamos citar numerosos casos.

Sociedades de persoas

As cooperativas axudan á sostibilidade e implantación económica, social e ambiental da actividade agrícola e gandeira e ao mantemento de moitas explotacións abertas e produtivas. Prestan elevados servizos á produción mediante os parques e servizos de maquinaria, os servizos técnicos que prestan, as orientacións e consellos produtivos etc. As pequenas explotacións atopan o refuxio ideal nas cooperativas e estas son pancas que as empuxan a medrar e ser sostibles.

As persoas son o centro sobre o que xira a actividade da cooperativa: ao redor de 28 000 socios e socias, con máis de 100 persoas socias de media por cooperativa, un 46 % mulleres. Estimamos que a base social activa na produción agrícola e gandeira achégase á metade da totalidade. E os inactivos? Si, hai moita base social inactiva, pero este número varía segundo a actividade e os hábitos da mesma. Por exemplo, no sector vitivinícola a penas hai persoas socias inactivas (menos do 1 %) e se as hai é por circunstancias puntuais (enfermidade, proceso de baixa etc).

En vacún de leite e vacún de carne é moi habitual que as persoas socias e a súa descendencia desexen continuar vinculadas coa cooperativa, desexan pertencer ao club social no que desenvolveron a súa actividade. De feito, a perda de persoas socias activas nestas cooperativas supera o 5 % anual nestes últimos anos, pero a perda de persoas socias está na contorna do 1 %. As cooperativas son sociedades de persoas e neste caso créanse vencellos que se sosteñen no tempo. Estas persoas desexan seguir accedendo a servizos que son de calidade, competitivos e preto da súa residencia (economatos, tendas agrarias, servizos etc.). Non é algo específico de Galicia. Mesmo en Irlanda, nas cooperativas, miles de persoas participan na súa parte de capital social.

Igualdade de oportunidades

Segundo o estudo SAVES –Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social–, con datos do rexistro de cooperativas de Galicia do ano 2020, véxase https://agaca.coop/saves/, o 46,81 % de persoas socias de cooperativas agrarias eran mulleres. O 31,72 % da membresía dos consellos reitores son mulleres. As mulleres representan só o 19,85 % do total de presidencias. Este valor aumenta para o posto de vicepresidencias, no que as mulleres acadan un 34,93 %.

Non son datos que reflicten o nivel de igualdade que deberían acadar as cooperativas en aspectos de xénero e no que moitas entidades están facendo un esforzo por mellorar. Por un lado, podemos dicir que son os mellores datos de xénero das cooperativas agrarias das comunidades de España. Por outro, vemos o camiño que queda por percorrer na procura dunha igualdade efectiva.

O estudo SAVES destaca que canto máis recente é a cooperativa, maior porcentaxe representativa da muller, e que canto máis pequena é a cooperativa maior porcentaxe de mulleres en postos de decisión. En xeral, nas últimas décadas hai unha maior presenza da muller nas direccións das cooperativas. Tamén é certo que seguen existindo certos teitos de cristal que explican que o acceso sexa máis difícil nos cargos directivos de maior responsabilidade. Por outro lado, os condicionantes sociais que teñen as mulleres tamén son un factor relevante. A pesar dos cambios sociais, as mulleres seguen asumindo a responsabilidade nas tarefas familiares e domésticas, pola escasa corresponsabilidade das súas parellas. O reto das cooperativas agrarias segue a ser avanzar na conciliación como xeito de acadar a igualdade efectiva no ámbito cooperativo e nas responsabilidades económico/empresariais. Debemos avanzar na eliminación dos teitos de cristal para que poidan acadar o mesmo espazo coa mesma facilidade que os homes.

Sectores de actividade agrogandeira claves en Galicia

A principal produción gandeira en Galicia é a de vacún de leite. A presenza das cooperativas é moi reducida na transformación e comercialización do leite. Só dúas cooperativas teñen certo volume: as Clun e Aira, e entre as dúas non acadan o 10 % do volume do leite producido en Galicia. Pero, o sector leiteiro é máis, moito máis que a transformación e comercialización do leite, sendo esta actividade, estratéxica. Neste sector, as cooperativas relacionadas co vacún de leite subministran arredor da metade dos pensos e forraxes que necesitan as explotacións, máis do 40 % dos fertilizantes que necesitan as terras, por non falar dos servizos de maquinaria, servizos técnicos, ou as necesidades relacionadas co asesoramento etc. Cobideza, Xallas, Lemos, Cusoviame, Perpetuo Socorro, Coreber, O Rodo, O Xeixo, Agraria Comarcal de Ordes …, ata máis dun cento de entidades poderíamos citar vencelladas con este sector directa ou indirectamente.

O noso maior grupo cooperativo galego é Coren, que opera nun sector económico moi complexo, o sector cárnico, canalizando a produción de carne de ave, de porco, cebo de xatos, ovos campeiros etc. E chamamos complexo ao sector cárnico xa que hai destacados países da Unión Europea con gran presenza de cooperativas no sector lácteo onde non existe unha soa cooperativa vinculada co sector cárnico, como é o caso de Irlanda. A cooperativa galega Cogal é a maior empresa comercial de carne de coello da península ibérica e unha das maiores de Europa.

As adegas cooperativas galegas son o exemplo a seguir na estratexia de comercialización dos produtos agrarios. Lideran a comercialización en case todas as Denominacións de Orixe de Galicia, e onde non están presentes son ben coñecidos os problemas xurdidos pola falta de empresas que asuman responsabilidades de sector. Vinos Barco, Viña Costeira, Martín Codax, Condes de Albarei, Viña Almirante, PacoyLola, Bodegas Eidosela, Viña Moraima, son cooperativa. Hai alguén que non coñeza os seus viños? Hai alguén que non se sinta orgulloso de como levan o 40 % do viño de Galicia polos mercados de Galicia e do mundo?

Nas producións de horta contamos con cooperativas como Horsal ou Porta do Río Miño con importantes volumes de comercialización. Erica Mel destaca na comercialización dos meles de Galicia. Os queixos e requeixos de A Capela, as flores de Agroflor, a carne ecolóxica de Biocoop, mazás para sidra, e o saboroso Bico de Xeado, entre outros produtos.

Máis cooperativas galegas

Este Ano Internacional das Cooperativas 2025 non so é celebrado nas cooperativas agrarias. O cooperativismo está presente en sectores diversos. Caixa Rural Galega é a única cooperativa galega do ámbito financeiro con presenza en case todas as grandes cidades de Galicia, que con solvencia superou solidamente os diferentes escenarios financeiros adversos destes últimos anos. Lembremos que todas as entidades financeiras de capital galego desapareceron.

Caixa Rural Galega e as seccións de crédito, xunto con outras pequenas iniciativas sociais é o que queda no sector financeiro galego. As cooperativas de transporte teñen demostrado a súa eficacia e solidez como fórmula de agrupación democrática para unha boa parte dos pequenos transportistas autónomos galegos conscientes da necesidade de xuntárense e cooperar para seren máis fortes e competitivos no mercado.

O grupo máis numeroso son as cooperativas de traballo asociado, con escasa presenza no ámbito industrial onde destacan Maier Ferroplast no ámbito do automóbil e Montelnor na instalación de servizos de telecomunicacións. Pero, as cooperativas de traballo asociado teñen presenza na área de servizos de asistencia as persoas, no asesoramento ás persoas e empresas, na área cultural, na área da educación etc. Son centos de cooperativas de tamaño medio inferior a dez socios.

Hai grandes cooperativas descoñecidas como tales noutros ámbitos. Vamos a citar algunhas das máis coñecidas, como é o caso de Las Rias, a central de compras de ferraxería máis coñecida en Galicia. Ou Amegrove, que comercializa o mexillón de moitasbateas da Ría de Arousa. Moitos coñecemos os coches de Cofano, unha das grandes cooperativas de servizo ás farmacias.

É o momento de unir esforzos para aumentar o coñecemento das cooperativas pola sociedade animando ás administracións a ir o máis lonxe posible no traballo que se vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos.

Celebración do Ano Internacional en Galicia

O pasado 3 de abril o Pleno do Consello Galego deCooperativas aprobou a DECLARACIÓN DO COOPERATIVISMO GALEGO POLO ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS 2025, así como as accións a desenvolver con ocasión do ano internacional das cooperativas 2025. A relevancia deste Manifesto trasladouse a principios de maio ao Parlamento de Galicia, onde foi subscrito por todo os grupos e onde se procedeu á súa lectura. O Consello Galego de Cooperativas está presidido polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José Gonzalez, e a presidenta de AGACA, Carmen Rodríguez, exerce a vicepresidencia.

Neste senso, o consello reitor de AGACA ante unha celebración tan sinalada no contexto mundial, destaca a importancia de demostrar que o cooperativismo non so é unha realidade presente, senón tamén un camiño de futuro para as novas xeracións, acadando unha dimensión económica e social, como sucede nos países máis desenvolvidos da nosa contorna. É o momento de unir esforzos para aumentar o coñecemento das cooperativas pola sociedade animando ás administracións a ir o máis lonxe posible no traballo que se vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos.

En AGACA estamos completamente comprometidos en contribuír, no que estea ao noso alcance, para que esta misión conxunta sexa levada a cabo e resulte efectiva para o crecemento do sector agrario e cooperativo galego. Sabemos que só se pode querer aquelo que pode ser coñecido e recoñecido, que ademais é o mellor legado que podemos construír para o futuro.

 

DECLARACIÓN DO COOPERATIVISMO GALEGO POLO ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS 2025

O Consello Galego de Cooperativas, órgano consultivo e representativo do cooperativismo de Galicia, desexa facer pública coa presente declaración a satisfacciónpola decisión da Organización das Nacións Unidas (ONU) de declarar este ano 2025 como ANO INTERNACIONAL DAS COOPERATIVAS, baixo o lema —que facemos propio—: “As cooperativas constrúenun mundo mellor”.

En Galicia, unha comunidade de forte compoñente rural, este modelo de organización non só promove a igualdade de oportunidades, senón tamén a inclusión, reafirmando o seu compromiso coa equidade e a gobernanza democrática, especialmente, durante os últimos anos, de importante complexidade.

Neste sentido, percibimos isto como un logro, resultado do esforzo conxunto das propias cooperativas galegas, das súas asociacións representativas,así como das institucións públicas competentes, que veñen traballando de forma coordinada para fornecere consolidar este modelo empresarial.

Certamente, as cooperativas, tanto de crédito, como de transporte, agrarias ou de traballo asociado, entre outras, representan unha forza clave no tecido económico e social da nosa comunidade, sendo indispensables para o noso enteiro desenvolvemento e permitindo responder aos retos máis actuais, por medio de iniciativas cooperativas innovadoras, demostrando que é posible combinar progreso económico e respecto ambiental.

Os novos retos que ten o cooperativismo son os fomentar unha novo rexudir entre a xente moza, o de dispoñer de maior apoio institucional para atopar o financiamento e de acadar unha dimensión maior. Esto proporcionará un maior peso dentro da economía social, efectuando un relevo xeracional con éxito e acadar alianzas de intercooperación que posibiliten acceder a fondos Next Generation que priorizan os proxectos de economía social, sustentabilidade e innovación, onde as cooperativas terán un papel preponderante.

Asemade, o apoio das administracións é patente a través das ferramentas que poñen a disposición das diferentes familias da Economía Social os obxectivosda Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027.  Os diferentes formatos de axuda das Administracións autonómica e local alixeiran o camiño destas cara a súa modernización, potenciando o seu asentamento no territorio.

Nesta mesma liña, con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025, tanto o Consello Galego de Cooperativas como o movemento cooperativo galego, en xeral, comprométense á promoción do cooperativismo entre a cidadanía, ao fomento da colaboración público-privada, á potenciación do emprendemento cooperativo, ao impulso da mellora continua na xestión e na gobernanza das cooperativas, ademais do apoio e consolidación do cooperativismo a través das políticas públicas, ao tempo que isto permita contribuír cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Para acadar tal fin, esta declaración pretende servir para facer un chamamento á celebración desta conmemoración, así como a traballar conxuntamente para que Galicia sexa exemplo e referente global no eido do cooperativismo, mostrando como as cooperativas son a clave para construír un futuro máis xusto, sostible e equitativo.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}